26/11/08

Carreira Extraordinaria: Grao I Publicado

No DOG de hoxe 26 de novembro saen publicadas as resolución polas que se abre o prazo para que determinado colectivo de persoal laboral das categorías de licenciados sanitarios, categorias diplomado sanitario e categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007 solicite o recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional.

Publícanse 3 resolución:

As solicitudes deben cubrirse en FIDES e despois presentalas a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. 

A solicitude das categorias de diplomado sanitario e e xestión e servizos e sanitarias de formación profesional deberán dirixirse ao comité de avaliación da entidade en que prestase servizos a 30 de xuño de 2008.

A solicitude das categorias de licenciado sanitario deberá dirixirse á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde.

O prazo para presentalas solicitudes iniciase mañan e finaliza o 31 de xaneiro de 2009.

18/11/08

Festivos Locais 2009

A CORUÑA

  • 24 FEBREIRO ( Martes Entroido )
  • 7 OUTUBRO ( Virxe do Rosario )
FERROL
  • 7 XANEIRO ( S. Xiao )
  • 13 ABRIL ( Chamorro )
LUGO
  • 24 FEBREIRO ( Martes Entroido )
  • 5 OUTUBRO ( S. Froilán )
MOS
  • 24 FEBREIRO ( Martes Entroido )
  • 7 AGOSTO (San Mamede)
PONTEVEDRA
  • 25 FEBREIRO ( Mércores de Cinza )
  • 11 XULLO ( S. Bieito de Lérez )
OURENSE
  • 24 FEBREIRO ( Martes Entroido )
  • 11 NOVEMBRO ( S. Martiño )
SANTIAGO
  • 24 FEBREIRO ( Entroido )
  • 21 MAIO ( Ascensión )
VIGO
  • 17 AGOSTO ( S. Roque )
  • 28 MARZO ( Reconquista )

5/11/08

Nomeamentos e Carreira

Para as dúbidas que están a xurdir polos nomeamentos e pola publicación da carreira extraordinaria este luns aclaramos:

Integración Nomeamentos:

As Ordes de integración publicadas en DOG recollen: "Coa resolución de integración a xerencia expedirá o nomeamento estatutario no que se detallará a categoría e o destino dos profesionais,con carácter definitivo ou provisional, segundo corresponda."

Puxémonos en contacto co SERGAS para saber quen ia a facer estes nomeamentos, xa que a xerencia da nosa Fundación non é estatutaria.O SERGAS está a elaborar o modelo de nomeamento e as Xerencias o asinarán por delegación da Conselleira..


Carreira profesional.

O SERGAS infórmanos que no prazo, aproximado, de 3 semanas sairá publicada a resolución do 1º grao de carreira. A dita resolución inicia o prazo de presentación de solicitudes. Para o persoal medica/o ten que saír tamén a resolución do 2º grao, a dita resolución do 2º grao sairá publicada, aproximadamente, un mes máis tarde.
Previo á publicación da resolución teñen pensado convocar as Direccións das Fundacións para explicarlles o procedemento de avaliación.

Si tedes algunha dubida sobre isto podedes chamar a calquera dos delegados de CIG e aclararémolas encantados.

3/11/08

Publicada a Orde de Carreira Extraordinaria para Persoal Integrado


Pulsa aquí para ver os artigos publicados neste blog sobre a carreira extraordinaria. Son un bo resumo da orde.

O próximo paso será a publicación da resolución do Grao I para que o persoal que cumpra os requisitos de acceso a carreira poida facer a súa solicitude. Non debería tardar moito.