24/06/09

O Galego na O.P.E do 27 de Xuño

Nunha falta de respeto sen precedenes aos máis de 3700 opositores que se examinan o vindeiro día 27 de Xuño o Goberno da Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Saúde decide cambialos criterios da O.P.E. a falta de 3 días para a súa celebración.

Mañá ou pasado publicaran no DOG a modificación da convocatoria de OPE, isto tamén será de aplicación ao resto de categorías. Aplicación pura e dura da modificación da Lei de Función Pública.

O exame da parte de lexislación será en bilingüe, a/o opositor elixirá o idioma.

Exame de galego: quedarán exentos de realizar esta proba o persoal que acredite ter os seguintes cursos: CELGA 4 ou curso de perfeccionamento; tamén quedaran exentos o persoal que teña a validación por cursar estudo de galego durante o bacharelato. Ao persoal que acredite esta documentación outorgaránselles os 5 puntos.

Nos primeiros días do mes de xullo publicarase no DOG unha resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se abrirá un prazo para que os aspirantes que estean exentos da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega acheguen a documentación que acredite que están en posesión dos cursos correspondentes.

O persoal que teña realizado o exame de galego, pero que poda acreditar, no prazo establecido, estar en posesión dos cursos correspondentes, seranlle outorgados os 5 puntos.

Esta nova está publicada na páxina do sergas.

Dende CIG Saúde-061 lamentamos grandemente este concultamento do dereito dos usuarios dos servizos sanitarios a seren atendido no seu idioma.

22/06/09

Reunión Comité vs Dirección (24/06/2009)

A Dirección da Fundación convocou unha reunión co Comité de Empresa o vindeiro día 24 de xuño ás 11:00 horas nas oficinas administrativas de Conxo , coa seguinte orde do dia:
  • Localizacións – Plan Funcional.
  • Actuacións levadas a cabo dende a última reunión coa Inspección Traballo-A Coruña.
  • Pacto Mobilidade.
  • Entrega Plan Formación 2009.
  • Entrega Proxecto Obras CCUS.
  • Rogos e preguntas.

18/06/09

A LINGUA GALEGA: DEREITO DOS CIDADÁNS, OBRIGA DO GOBERNO




Diante da proposta de modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública Galega, no que pretenden suprimir a obrigatoriedade de que, alomenos, unha das probas de acceso ás Administracións Públicas sexa en galego, as organizacións CCOO, UXT e CIG acordamos convocar unha concentración de delegadas e delegados para o vindeiro día 23, diante do Parlamento, día no que se vai votar a modificación que se propón.

Levaremos unha pancarta unitaria có lema:

*A LINGUA GALEGA: DEREITO DOS CIDADÁNS, OBRIGA DO GOBERNO*


Aquí podes ver cales son as nosas razóns para defender o uso do galego na OPE

2/06/09

Tribunais Facultativos O.P.E. 2008

No D.O.G. do pasado luns, 25 de Maio de 2009 saíu publicada a Resolución do 19 de maio de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores de determinadas categorías ou especialidades do proceso selectivo de persoal estatutario do organismo.

O tribunal para as 2 prazas de médico coordinador queda da seguinte maneira:

Membros titulares:

Presidenta: María Dominga Caamaño Martínez.
Secretario: Miguel Anxo Cadavid Rodríguez.
Vogais:
  • Manuel Bernárdez Otero.
  • Antonio Rodríguez Rivera.
  • Marisol Caamaño Arcos.

Membros suplentes:
Presidenta: Emilia Pérez Meiriño.
Secretario: José Antonio Montaos Nieto.
Vogais:
  • Carlos David Miras Bello.
  • Román Gómez Vázquez.
  • Valentín Carpente Montero.

Permisos electorais 7 xuño

Aqui podes consultar a normativa do SERGAS para a concesión de permisos en materia electoral para as votacións europeas do domingo próximo.

18/05/09

Plan Funcional

Ante a situación de bloqueo do Plan funcional por parte de Dirección do 061 a Cig-Saude solicituo na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal do Servigo Galego de Saude (Celebrada o 15 de Maio de 2009) que a Directora de Asistencia Sanitaria presente o plan funcional do 061.

16/05/09

Exames Facultativos O.P.E. 2008

Segun información remitida polo sergas os exames de facultativos serán o 27 de Xuño de 2009.

4/05/09

Reclamación Trienios

Están no Departamento de Recursos Humanos da Fundación os recoñecementos dos trienios laborais como trienios estatutarios. Estes non inlcúen o tempo que podades ter traballado para a administración antes de traballar na Fundación.

Para que se vos recoñeza o  tempo traballado para a administración fora da Fundación, tedes dúas posibilidades: Non facer nada e esperar a que a administración os recoñeza coa documentación enviada para a estaturización ou facer unha reclamación. Nos cremos que vendo como van as cousas é millor facer a reclamación.

Para facer a reclamación hai un mes dende que recolledes o recoñecemento en RRHH (ponde a data de recollida ao firmar o recibín). Debedes presentar a reclamación nun rexistro oficial dirixida a Director/Directora Provincial, acompañandoa con:
- Certificado de servizos prestados (do tempo que reclamades) en formato Anexo I.
- Fotocopia da resolución dos trienios laborais.
- Anexo A do RD 1181/1989
- Anexo II cuberto

Si tedes dúbidas ou necesitades os anexos e modelos dos que falamos, podevos en contacto con calquera delegado da CIG Saúde 061.


Carteleira de Quendas de 2009

A Dirección do 061 incumpre  a promesa de presentar a carteleria de quendas de traballo da central de coordinación, correspondetes ao que queda de ano 2009.  A dirección do 061 fixárase como tope o 30 de abril de 2009. 


Esta é unha mostra máis da pouca credibilidade da dirección do 061, que non  é capaz de presentar unha proposta  sobre as quendas da central  ni aínda tendo abreta proposta de expediente sancionador pola inspección de traballo. 

E xa vai para 2 anos.

17/04/09

Apertura listaxes de contratación diversas categorias

Hoxe 17 de abril, publícase no Diario Oficial de Galicia, a resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias deste organismo en categorías de persoal:
  • Médico de familia
  • Pediatra
  • Persoal médico de urxencias hospitalarias
  • Odontóloga e odontólogo
  • Persoal de enfermaría (DUE)
  • Matrona e matrón
  • Auxiliar de enfermaría
  • Cociñeira e cociñeiro
O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre as datas do 20 de abril e o 9 de maio (ambos incluídos).