Hoxe, día 7 de Outubro celebrouse en Conxo reunión entre a Dirección do 061 e o Comité de empresa. Pasamos a informar dos asuntos tratados
Presentación dos acordos adoptados polo Padroado da Fundación na reunión do día 5 de Outubro:
O director informa:
- Dos cambios na composición do Padroado.
- Da creación dun posto de Coordinador de Enfermaría.
- Do cambio da praza de Xefe de Servizo de Tecnoloxía a un perfil non sanitario.
- O máis axiña posible serán nomeados estes dous cargos.
- Ratificación das Directoras Asistencial e de Xestión e Servizos Xerais.
- Nomeamento formal do Director de Coordinación.
- Aprobación do traslado das bases de Mos, Pontevedra e a acondicionado da base de helicoptero de Ourense. Pendentes do tema presupuestario, sen datas previstas.
- Aproveitando os temas das obras preguntamos por:
Nova base de Ferrol: É necesario contratar unha obra menor no garaxe. Non se trasladará ao persoal ata que se remate esta obra. Non dan prazos.
Nova base de A Coruña: É necesario contratar unha obra menor no garaxe. Non se trasladará ao persoal ata que se remate esta obra. Non dan prazos.
Central: O proxecto de reforma previsto non se pode executar debido a que nunca tivemos cedidos os espazos necesarios para executala reforma. Agora propoñen elaborar un novo proxecto de climatización e renovación de aire que afecte exclusivamente a sala de coordinación e ao CPD. É tal compromiso por solucionar o asunto que a dirección NON da prazos nin para presentar o proxecto. (O último proxecto levou máis de ano e medio para acabar tirandoo ao lixo)
A insonorización, os novos asesos, os vestiarios, etc ... (esixidos pola inspección de traballo e que si estaba no proxecto orixinal) terá que esperar no limbo dos xustos, si é que existe.
Rogos e preguntas:
Calendario de Navidade e 2010 da central?
É unha prioridade para o novo director de coordinación.
Pago gardas localizadas activadas na central?
Pendente de pronunciamento do Sergas.
Prazas 902 (Médicos e DUES)?
Denegadas polo Sergas.
Funcións do coordinador de enfermaría?
Estanse perfilando aínda.
Obxectivos de Coordinación?
É unha prioridade para o novo director de coordinación.
Regularización de trienios como estatutario (previos a estaturización)?
Na nómina de Outubro saldaranse co 90% dos traballadores pendentes deste asunto. O outro 10% terá que esperar.
Figura de Xefe de Garda?
O director plantexa que está a estudiar un cambio xeral na figura dos Xefes de Sala e Xefes de Garda de Coordinación.
Volvemos pedilos nomeamentos.
Volvemos pedir os recontos horarios de coordinación de 2008 e a previsión para 2009, e xa van unhas cuantas veces.
Dues Coordinación
O Director de coordinación informa de que se vai aumentar o número de DUEs por quenda na central de coordinación (xa empezaron hoxe, agora: 3 de mañan, 3 de tarde 2 de noite), así como que os próximos calendarios de DUES abandonaran as quendas de 12 horas para voltar a o sistema tradicional (7 horas de mañan, 7 de tarde e 10 de noite). Pedimos os calendarios oficiais de DUES de coordinación. Entregaron unha copia sen asinar e sen selar.
Preguntamos si a Dirección ten un calendario de negociación do plan funcional?
A intención da dirección é rematala negociación o antes posible, pero non se marca ningunha reunión.