16/1/09

Mesa de contratación. Listaxes únicas de área.

O 15 de Decembro de 2008 celebrouse unha reunión da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal. 
O acordo máis importante acadado foi aprobar a formalización dunha nova convocatoria de selección temporal para as categorías de médicos de familia, pediatras, odontólogos, persoal de enfermería (ATS/DUE), matronas, auxiliares de enfermería, cociñeiros e médicos de urxencias hospitalarias.
Asemade detreminase que o ámbito de selección das categorías incluídas na convocatoria sexa o de área sanitaria. Este último acordo adóptase coa opinión en contra da CIG.
A previsión é que a apertura de listaxes se faga na primeira quincena de Febreiro. Estas listas finalizaran as propias do 061 para esas categorias. Por exemplo, o persoal de enfermería da lista da área de A Coruña poderán ser chamados para vinculacións temporais en Primaria, CHUAC, HVX, CTG e 061, sendo penalizados no caso de rexeitar un contrato.