25/8/09

Reunión Comité vs Dirección (26/08/2009)

O pasado 26 de Agosto celebrouse unha reunión entre a Dirección da Fundación e o Comité de Empresa. O noso resumo é o seguinte:

Presentación do novo Director.

O director non tiña pensado manter unha reunión co comité de empresa ata despois do padroado onde fora nomeado formalmente, pero como ese padroado non se vai celebrar ata a segunda quincena de setembro, finalmente convocou esta reunión.

Xa ten pensados unha serie de cambios para o 061: redefinir obxectivos, novo organigrama, redistribuir funcións, etc. Pero non vai desvelar máis datos ata despois de ter a autorización do padroado. Tan pronto se celebre o padroado promete convocar outra reunión para informar.

Presentación do dispositivo establecido para a continxencia da gripe A.

O director presentou o dispositivo para a gripe A, que o día anterior presentará a Conselleira de Sanidade.

En canto a protección dos traballadores, informou que o Sergas vai comprar equipos de protección suficientes para tódolos seus traballadores. Na central de coordinación instalaranse dispensadores de solución hidroalcohólica.

Preguntamos polo plan de continuidade e as medidas concretas, e solicitamos que se elaborara dentro do marco do comité de seguridade e saúde.

Contestaron que nono fixeran porque o Sergas está facendo un para tódolos centros e será o que adoptemos.

Rogos e preguntas.
Os temas pendentes: plan funcional, localizadas, etc, están tamén parados pola dirección ata despois do padroado.