18/11/09

Nova Web

Temos nova páxina web oficial dentro do novo portal de webs da CIG-Saúde. A Dirección é:


A partir de hoxe atoparedenos nesta nova dirección. Para facervos máis fácil o cambio copiaremos, pouco a pouco, os artigos máis interesantes publicados neste blog na nova páxina.

Agardamos que a nova páxina vos sexa de utilidade e nos sirva para estar máis cerca de vos e poder informarvos millor.

Un Saúdo, os delegados da Cig-Saúde no 061

23/10/09

Mércores 28: Manifestación en Compostela

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

RESPETO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN


MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO O MÉRCORES 28 DE OUTUBRO ÁS 11H

DE SAN CAETANO A SAN LÁZARO


PARTICIPA, XOGASTE MOITO


CONVOCAN:
CCOO - CIG-SAUDE - CESM - CSIF - USAE - UGT

Manifestación en Vigo en contra da privatización do novo hospital

"A privatización prexudica a túa saúde. Hospital Público xa"
O vindeiro xoves 29 de outubro haberá unha gran manifestación en Vigo que sairá do cruce de Gran Vía con Urzaiz as 20h convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para protestar pola privatización do novo hospital de Vigo.

A Privatización
Prexudica a túa Saúde
HOSPITAL PÚBLICO XA!!!


Para mais información pica aquí

19/10/09

CONCENTRACIÓNS CONTRA A SUPRESIÓN DOS ACORDOS RETRIBUTIVOS

Os próxmiaos Mércores 20 outubro e Venres 23 de outubro vanse celebrar concetracións nos centros de traballo para amosar o reixeitamento de todas e todos os traballadores do SERGAS ante a decisión do Partido Popular de suprimir os acordos retributivos asinados co goberno anterior.

En compostela, as concetracións son ás 12:00 horas en:
  • Hospital Clínico
  • Hospital de Conxo
  • Hospital Psiquiátrico
Participa xógaste moito

15/10/09

Os locais da Fegas valeron máis de 3.000.000 de €

Os locais da Fegas están compostos por unha planta de 320 m2 de oficinas, 880 m2 de aulario, 128 m2 de almacén na planta baixa e cinco prazas de garaxe, nos que se gastaron 3.073.881,01 euros no 2003, como recolle a Conselleria de Sanidade nunha nota de prensa. A adquisición destes locais volve á actualidade polas denuncias dos medios de comunicación sobre posibles irregularidades na adquisición polo anterior goberno do PP.

O proxecto de reforma da Central de Coordinación non superaba os 400.000 € (inlcuía climatización, insonorización, asesos, vestiarios, sala de xuntas, despachos, etc) pero para isto non había cartos.

8/10/09

Mentres o 112 mellora instalacións o 061 ...

Mentras o 112 aumenta nun 50% as súas instalacións para aumentar 19 postos de teleoperador, no 061 metemos 35 no mesmo espazo agravando as condicións de traballo do persoal, que non esquezamos, foron froito de requirimento pola inspección de traballo xa en dúas ocasións. Lede toda a nota de prensa que non ten desperdicio. Esta é a diferenza entre unha boa xestión e a que nos levamos a sufrir anos. Cambiará co novo equipo directivo?

O CAE 112 Galicia duplicará o número de operadores para ofrecer maior axilidade á xestión de emerxencias "Así, o director explicou que a mellora e ampliación dos espazos físicos do CAE 112, supón un aumento da superficie das instalacións nun 50%. Concretamente, as medidas que se van levar a cabo son unha ampliación do 100% da sala de atención telefónica; o aumento do espazo destinado a operadores, traballadores e persoal en xeral –que pasa de 300 a 450 metros cadrados-; a mellora dos espazos operativos e de seguridade destinados a informáticos e persoal de apoio; así como dos espazos destinados a traballadores no referente a zonas de descanso, baños, vestiarios e a climatización do centro."

Texto completo da nota de prensa.

7/10/09

Reunión Comité vs Dirección (07/10/2009)

Hoxe, día 7 de Outubro celebrouse en Conxo reunión entre a Dirección do 061 e o Comité de empresa. Pasamos a informar dos asuntos tratados

Presentación dos acordos adoptados polo Padroado da Fundación na reunión do día 5 de Outubro:
O director informa:
- Dos cambios na composición do Padroado.
- Da creación dun posto de Coordinador de Enfermaría.
- Do cambio da praza de Xefe de Servizo de Tecnoloxía a un perfil non sanitario.
- O máis axiña posible serán nomeados estes dous cargos.
- Ratificación das Directoras Asistencial e de Xestión e Servizos Xerais.
- Nomeamento formal do Director de Coordinación.
- Aprobación do traslado das bases de Mos, Pontevedra e a acondicionado da base de helicoptero de Ourense. Pendentes do tema presupuestario, sen datas previstas.
- Aproveitando os temas das obras preguntamos por:
Nova base de Ferrol: É necesario contratar unha obra menor no garaxe. Non se trasladará ao persoal ata que se remate esta obra. Non dan prazos.
Nova base de A Coruña: É necesario contratar unha obra menor no garaxe. Non se trasladará ao persoal ata que se remate esta obra. Non dan prazos.
Central: O proxecto de reforma previsto non se pode executar debido a que nunca tivemos cedidos os espazos necesarios para executala reforma. Agora propoñen elaborar un novo proxecto de climatización e renovación de aire que afecte exclusivamente a sala de coordinación e ao CPD. É tal compromiso por solucionar o asunto que a dirección NON da prazos nin para presentar o proxecto. (O último proxecto levou máis de ano e medio para acabar tirandoo ao lixo)
A insonorización, os novos asesos, os vestiarios, etc ... (esixidos pola inspección de traballo e que si estaba no proxecto orixinal) terá que esperar no limbo dos xustos, si é que existe.

Rogos e preguntas:

Calendario de Navidade e 2010 da central?
É unha prioridade para o novo director de coordinación.

Pago gardas localizadas activadas na central?
Pendente de pronunciamento do Sergas.

Prazas 902 (Médicos e DUES)?
Denegadas polo Sergas.

Funcións do coordinador de enfermaría?
Estanse perfilando aínda.

Obxectivos de Coordinación?
É unha prioridade para o novo director de coordinación.

Regularización de trienios como estatutario (previos a estaturización)?
Na nómina de Outubro saldaranse co 90% dos traballadores pendentes deste asunto. O outro 10% terá que esperar.

Figura de Xefe de Garda?
O director plantexa que está a estudiar un cambio xeral na figura dos Xefes de Sala e Xefes de Garda de Coordinación.

Volvemos pedilos nomeamentos.

Volvemos pedir os recontos horarios de coordinación de 2008 e a previsión para 2009, e xa van unhas cuantas veces.

Dues Coordinación
O Director de coordinación informa de que se vai aumentar o número de DUEs por quenda na central de coordinación (xa empezaron hoxe, agora: 3 de mañan, 3 de tarde 2 de noite), así como que os próximos calendarios de DUES abandonaran as quendas de 12 horas para voltar a o sistema tradicional (7 horas de mañan, 7 de tarde e 10 de noite). Pedimos os calendarios oficiais de DUES de coordinación. Entregaron unha copia sen asinar e sen selar.

Preguntamos si a Dirección ten un calendario de negociación do plan funcional?
A intención da dirección é rematala negociación o antes posible, pero non se marca ningunha reunión.

ATAQUE AOS SERVIZOS PÚBLICOS, GRIPEP



Un novo Virus ataca aos servizos públicos, fundamentalmente a sanidade pública, estudia os seus síntomas e protéxete da nova GRIPE P. Folleto Informativo

22/9/09

Publicadas as notas provisionais de licenciados sanitarios

Publicadas oficialmente na páxina web do Sergas, as notas provisionais dos exercicios de licenciados sanitarios (incluída a nota do exercicio de galego). Así mesmo se abren oficialmente os prazos de reclamación. As reclamacións que foron presentadas unha vez foron avanzadas as notas no verán, darasen por ben formuladas.


17/9/09

O Carácter esencial do 061 non limita o seu dereito a Folga

Facenomos eco dunha noticia públicado polo Diario Médico sobre o dereito a Folga no 061 de cantabria.

O Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria declara nunha sentenza que o carácter esencial do 061 non xustifica que a Administración manteña ao 100% a asistencia en caso de Folga, pois non se logaría a presión propia dun paro laboral.

Fonte: Diario Médico