5/9/08

Extinción das Fundacións Hospitalarias

O pasado 1 de setembro o Diario Oficial de Galicia publicou o Decreto 183/2008, do 31 de xullo, sobre extinción de fundacións públicas hospitalarias.
Este decreto afecta ás:

  • Fundación Pública Hospital da Barbanza.
  • Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira.
  • Fundación Pública Hospital de Verín.
  • Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés.
O decreto implica que o Servizo Galego de Saúde subrogarase na totalidade de relacións laborais do persoal incluíndo o non acollido ás respectivas ordes de integración das fundacións extinguidas. Os centros pasasn a integrarse como centros de xestión do Servizo Galego de Saúde.

A disolución do 061 coma fundación non está contemplada polo de agora, ou sexa, o persoal xa é estatutario(o que se acolleu á orde de integración) pero o modelo de xestión segue a ser o dunha fundación pública.