30/10/08

Reclamación Nomeamentos

 A Cig-Saude remitíu un correo ao Sergas solicitando que os nomeamentos que se expidan ao aveiro do proceso de estaturización inclúan o destino como reflicte a orde de integración no seu parrafo 4º:

"...
Coa resolución de integración a xerencia expedirá o
nomeamento estatutario no cal se detallará a categoría
e destino dos profesionais, co carácter de definitivo
ou provisional, segundo corresponda.
..."

Esperamos que os que teñen previsto entregar o día 5 de novembro veñan conforme á orde de integración.

Estaturización

Calendario coas datas de remisión das Resolucións de estatutarización do persoal das fundacións:

  • Medtec 29/10/2008
  • Hospital Salnés 30/10/2008
  • Ingo 30/10/2008
  • Fegas 30/10/2008
  • Ctg 30/10/2008
  • Hospital Verín 31/10/2008
  • Hospital Virxe da Xunqueira 03/11/2008
  • Hospital Barbanza 04/11/2008
  • 061 05/11/2008

Fonte:División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde

Orde de Carreira Profesional Extraordinaria


O Sergas informa que a orde para o acceso á carreira profesional do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatuario polos procesos previstos no Decreto 91/2007, será publicada -previsiblemente- no DOG do vindeiro luns 3 de novembro.




Fonte:División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde

28/10/08

Reunión Comité vs Dirección (27/10/2008)

O pasado Luns 27 de Outubro celebrouse reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. O noso resumo é o seguinte:


  • Comunicación da reincorporación de Dª Rosa Alvarez de Blas como Directora de Xestión.

A Directora da Fundación presentou ao comité a Rosa Álvarez de Blas, e informou que é directora de xestión e servizos xerais dende o 30 de Setembro

  • Cobertura dunha Interinidade en praza vacante nas Bases de Vigo/Mos

A dirección informa de que xurdiu media praza vacante en Mos e media en Vigo. Tamén informa que o criterio do Sergas para a cobertura de prazas vacantes nas que xa había un interino por substitución é diferente ao noso. No 061 víñase ofrecendo de novo a lista de contratación, no Sergas ofrecese ao interino que xa estaba. Considerando que agora somos estatutarios decídese que o correcto é aplicar o pacto de mobilidade interna é a vacante xerada ofertala como no Sergas.

  • Programa Funcional 2008-2009 do persoal sanitario da Fundación.

O director de coordinación informa que está estudando unha reorganización das localizacións na central de coordinación. Decídese esperar a que o Dr. García presente o novo modelo para negociar a redacción final.

I.T, permisos maternais e paternais son períodos neutro por lei. Para o resto do permisos un día computarase por 7 horas en vez das 4 e pico de agora. O permisos que veñan definidos como “o tempo indispensable para” serán “neutros” no senso de que cóllense as horas que fagan falta.

Admítese que se inclúan ou publiquen os criterios de selección para acceso aos cursos do 061.

Quedase en incluír os permisos para asistir a congresos 21 horas.

  • Rogos e preguntas.

En vez de dar os tícket de comida non se pode pagar en nómina e que cada un coma onde queira? A dirección queda en estudalo.

A marcha dun coordinador da central vai a ser cuberta? O director de coordinación di que non, que non teñen pensado contratar a ninguén a maiores.

Como están as obras da nova base de Ferrol? A día de hoxe aínda non hai licenza.

Como están Obras na central? O proxecto segue no Servizo de Obras do Sergas. No mesmo sitio que fai un mes.

Porque as horas de médico asistencial se están a pagar a 26,10 € en vez de a 27,98€ que é o que correspondería segundo a redución de xornada? Non hai resposta. Quedan en dar unha resposta.

Preguntase polo número de prazas de xefe de sala na central e polo número de persoas que realizan efectivamente quendas de xefe de sala? A dirección di que hai 14 prazas e ademais 3 persoas que fan de xefe de garda.

1/10/08

Reunión Comite vs Dirección

O pasado luns, 29 de setembro celebrouse reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. O noso resumo é o seguinte:


  • Base de Ferrol:

A dirección informa que a remodelación da "casa das monxas" no hospital naval para a nova base de Ferrol está adxudicada pero as obras non poden comezar por falta de licenza municipal. Licenza que se está a tramitar. A Cig-Saúde solicitou copia do rexistro de entrada da solicitude de licenza no concello de Ferrol.
En canto ao accidente laboral, a dirección presentou medicións de emisión de Gas realizadas está mesma maña polo servizos de prevención na que se constatan condicións normais. No obstante, o persoal de garda seguirá a durmir no Hotel en tanto non se atope un emprazamento provisional para a base ata que se entregue a nova base de Ferrol na casa das Monxas.

Dende Cig-Saúde esperamos que se cumpra o compromiso de encontrar de forma rápida unha solución provisional e que se aclare o tema da licenza de obra. Neste post podedes ver o cruce de declaracións entre concello de Ferrol e 061, mentres non se demostre o contrario nos temos que crer á nosa dirección.

  • Ope 2008:

A preguntas do comité de empresa a dirección informa que as dúas prazas de médico coordinador que apareceron publicadas na OPE 2008 do Sergas son as que se atopaban vacantes a data Xullo 2008. As 6 prazas do 902 aprobadas polo padroado da Fundación non saíron na OPE por que aínda non son unha realidade, xa que non están aprobadas nin por economía nin por función publica. E nono están porque non van aprobar ningunha praza ata que finalice o proceso de estaturización, e o proceso de estaturización non finalizará ata que se expidan os nomeamentos.

Nós pensamos que é unha situación absurda, que está en mans do Sergas desbloquear coa simple expedición dos nomeamentos, que xa pedimos por activa e pasiva en tódalas mesas sectorias. Por outra banda xórdennos dúbidas sobre si finalmente se crearán tódalas prazas para o 902.

  • Rogos e preguntas:


Reforma da central: O proxecto de reforma está rematado e visado polo colexio de arquitectos, agora atopase na oficina de obras do Sergas para visado. Unha vez obtido este último visado procederase a convocar un concurso público para a adxudicación das mesmas. Tratarán de presentalo proxecto na reunión do comité de seguridade e saúde a celebrar a mediados deste mes de outubro. Tememos que seguiremos a traballar en condicións infrahumanas un ano máis.

Integración co 112: A dirección di non coñecer ningunha noticia ou novidade sobre a posible inmediata integración do 112 e o 061.

Itinerario profesional facultativos

Como algúns médicos da fundación 061 están preocupados polo tema do itinerario profesional unha vez estatutarizados, queremos informar que ese itinerario ten que ser negociado na mesa de traslados do Sergas como xa se quedara cando o peche da nosa estatutarización, esta mesa será convocada próximamente e a CIGSaude xa ten nos puntos a tratar nela ese tema.