1/10/08

Reunión Comite vs Dirección

O pasado luns, 29 de setembro celebrouse reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. O noso resumo é o seguinte:


  • Base de Ferrol:

A dirección informa que a remodelación da "casa das monxas" no hospital naval para a nova base de Ferrol está adxudicada pero as obras non poden comezar por falta de licenza municipal. Licenza que se está a tramitar. A Cig-Saúde solicitou copia do rexistro de entrada da solicitude de licenza no concello de Ferrol.
En canto ao accidente laboral, a dirección presentou medicións de emisión de Gas realizadas está mesma maña polo servizos de prevención na que se constatan condicións normais. No obstante, o persoal de garda seguirá a durmir no Hotel en tanto non se atope un emprazamento provisional para a base ata que se entregue a nova base de Ferrol na casa das Monxas.

Dende Cig-Saúde esperamos que se cumpra o compromiso de encontrar de forma rápida unha solución provisional e que se aclare o tema da licenza de obra. Neste post podedes ver o cruce de declaracións entre concello de Ferrol e 061, mentres non se demostre o contrario nos temos que crer á nosa dirección.

  • Ope 2008:

A preguntas do comité de empresa a dirección informa que as dúas prazas de médico coordinador que apareceron publicadas na OPE 2008 do Sergas son as que se atopaban vacantes a data Xullo 2008. As 6 prazas do 902 aprobadas polo padroado da Fundación non saíron na OPE por que aínda non son unha realidade, xa que non están aprobadas nin por economía nin por función publica. E nono están porque non van aprobar ningunha praza ata que finalice o proceso de estaturización, e o proceso de estaturización non finalizará ata que se expidan os nomeamentos.

Nós pensamos que é unha situación absurda, que está en mans do Sergas desbloquear coa simple expedición dos nomeamentos, que xa pedimos por activa e pasiva en tódalas mesas sectorias. Por outra banda xórdennos dúbidas sobre si finalmente se crearán tódalas prazas para o 902.

  • Rogos e preguntas:


Reforma da central: O proxecto de reforma está rematado e visado polo colexio de arquitectos, agora atopase na oficina de obras do Sergas para visado. Unha vez obtido este último visado procederase a convocar un concurso público para a adxudicación das mesmas. Tratarán de presentalo proxecto na reunión do comité de seguridade e saúde a celebrar a mediados deste mes de outubro. Tememos que seguiremos a traballar en condicións infrahumanas un ano máis.

Integración co 112: A dirección di non coñecer ningunha noticia ou novidade sobre a posible inmediata integración do 112 e o 061.