22/12/08

Ope 2008: Médicos Coordinadores

Hoxe, Luns 22 de Decembro de 2008 publicase no DOG a Resolución do 11 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a coordinador/a 061. 

Lembramos que:
  • Saen 2 prazas para médico coordinador do 061.
  • O modelo de solicitude estará a disposición dos interasados na páxina web do Servizo Galego de Saúde, premendo o icono emprego público, OPE 2008.
  • O formulario deberá entregarse xunto co xustificante de liquidación ou exención/bonificación de tasas e a fotocopia do NIF/DNI/Pasaporte
  • O prazo remata o 31 de Xaneiro de 2009 
Podes consultalo texto da convocatoria aquí.

Máis información sobre outras categorías na páxina da Cig-Saúde.

Mesa Sectorial 19 Decembro de 2008

Nesta reunión abordáronse os seguintes temas:

1.- OPE 2008 (resto de categorías).
2.- Orde de integración do hospital de defensa de Ferrol.
3.- Creación das categorías de prevención de riscos laborais: Técnicos superiores e enfermeira/o especialista do traballo.
4.- Carreira Ordinaria.
5.- Correturnos Centro de Transfusión de Galiza. (Este tema inclúeno a Cig-Saude , non figuraba na orde do día enviada polo Sergas.)

Os borradores achegados polo Sergas para o puntos 1,2,3 e 4 están colgados na web da Cig-Saude.

OPE 2008: O Decreto sairá publicado no mes de febreiro. Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que o Decreto recolla na convocatoria as prazas creadas polo plano de saúde mental de enfermeira/o especialista . Isto foi aceptado pola Admón e o Decreto recollerá a convocatoria de 13 prazas de enfermeira/o especialista en saúde mental; estas prazas son de nova creación.
Asemade solicitamos que unha vez publicados os Decretos das categorias de nova creación: documentación sanitaria, auxiliares de farmacia, dietista e prevención de riscos se proceda a convocar unha OPE.

Orde de integración do hospital de defensa de Ferrol: Queda definitivamente aprobado o Decreto. 

Centro de Transfusión de Galiza: Neste centro había correturnos de ámbito de todo o pais. Agora o persoal é estatutario e o seu nomeamento é de área, pero a dirección segue a utilizar a mesma política de persoal. Isto xa o denunciamos reiteradas veces.

Carreira Ordinaria: CIG-Sáude NON APOIA NIN COMPARTE este decreto, posto que inda que pelexamos na negociación da mesa sectorial por unhas melloras que considerábamos indispensables, estas non chegaron a verse plasmadas nun acordo porque o SERGAS decidiu sacar un decreto en solitario, sen contar cos sindicatos, ou, cando menos, sen contar co apoio de CIG-Saúde.

11/12/08

Posto de persoal directivo vacante

No DOG d0 11 de Decembro sae  publicada a"Orde do 26 de novembro de 2008 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, dun posto de persoal directivo vacante na Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061." O posto o que fai referencia é o de Director/a Asistencial.

Aqui podedes consultala convocatoria.

Reunión Comité vs Dirección (10/12/2008)

O pasado mércores 11 de Decembro celebrouse reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. O noso resumo é o seguinte:

  • Programa Funcional 2008-2009 do persoal sanitario da Fundación.

Para aclarar a polémica xurdida nestes días; as horas do plan funcional para médicos asistencias no ano 2008 son 70. E dicir as horas de presenza son 1515 – 70 = 1445.
A dirección propón deixar o relacionado coas localizadas da central para máis adiante. Deixando por escrito no plan funcional o compromiso de cerrar esa negociación antes do 31 de Marzo.
A dirección inclúe os permisos para asistir a congresos (21 horas) pero son incompatibles coas axudas de asistencia.

  • Revisión conceptos retributivos.
Vanse pagar as horas de xornada como debe ser, axustadas coa reducción. Van facer o recaculo dende 1 de xaneiro de 2008 para médicos coordinadores (localizadas especiais, vips, etc). Tamén se vai pagar o complemento de noites e feirados nas localizadas activadas e nas especiais.
Vanse actualizar o prezo de localizada para Dues dende xuño 2008 co orde de nóminas de 2008.
Vaise aplicar o acordo marco publicado hoxe en DOG.
A dirección di que vai tratar de pagar todo o que de tempo a procesar na nómina de Decembro e o resto nunha complementaria en Xaneiro.

  • Rogos e preguntas.

Seguen sen esta aprobadas as 13 prazas do 902 polo que non se poden converter os contratos de cúmulo de tarefas en interinidades .
Vai saír “nestes días” os calendarios da central dos 3 primeiros meses a modo de proba e despois sairá o do resto do ano.
Xa empezaron as obras da Base de Coruña.
Aínda non empezaron as obras da Base de Ferrol.