Nesta reunión abordáronse os seguintes temas:
1.- OPE 2008 (resto de categorías).
2.- Orde de integración do hospital de defensa de Ferrol.
3.- Creación das categorías de prevención de riscos laborais: Técnicos superiores e enfermeira/o especialista do traballo.
4.- Carreira Ordinaria.
5.- Correturnos Centro de Transfusión de Galiza. (Este tema inclúeno a Cig-Saude , non figuraba na orde do día enviada polo Sergas.)
Os borradores achegados polo Sergas para o puntos 1,2,3 e 4 están colgados na web da Cig-Saude.
OPE 2008: O Decreto sairá publicado no mes de febreiro. Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que o Decreto recolla na convocatoria as prazas creadas polo plano de saúde mental de enfermeira/o especialista . Isto foi aceptado pola Admón e o Decreto recollerá a convocatoria de 13 prazas de enfermeira/o especialista en saúde mental; estas prazas son de nova creación.
Asemade solicitamos que unha vez publicados os Decretos das categorias de nova creación: documentación sanitaria, auxiliares de farmacia, dietista e prevención de riscos se proceda a convocar unha OPE.
Orde de integración do hospital de defensa de Ferrol: Queda definitivamente aprobado o Decreto.
Centro de Transfusión de Galiza: Neste centro había correturnos de ámbito de todo o pais. Agora o persoal é estatutario e o seu nomeamento é de área, pero a dirección segue a utilizar a mesma política de persoal. Isto xa o denunciamos reiteradas veces.
Carreira Ordinaria: CIG-Sáude NON APOIA NIN COMPARTE este decreto, posto que inda que pelexamos na negociación da mesa sectorial por unhas melloras que considerábamos indispensables, estas non chegaron a verse plasmadas nun acordo porque o SERGAS decidiu sacar un decreto en solitario, sen contar cos sindicatos, ou, cando menos, sen contar co apoio de CIG-Saúde.