27/2/09

O.P.E. 2009 Non sanitarios

Publicado no DOG do 26 de Febreiro a convocatoria de OPE para non Sanitarios. Hai ata o día 31 de marzo para presentar as solicitudes.


Texto completo aquí

19/2/09

Carteleira Marzo Abril e Maio

A dirección comunicou esta tarde a carteleira de quendas para os médicos coordinadores para os meses marzo, abril e maio. A dirección descartou a proposta dos traballadores e estableceu como carteleira a súa prosposta incial corrixida.

A Cig-Saude lamenta profundamente que a dirección non considerase a opción dos traballadores para este 3 meses.

Reunión coa Dirección Quendas

Hoxe celebrouse unha reunión entre o comité de empresa e a dirección na que lle trasladamos os acordos dos traballadores de onte.

A dirección comprometeuse a comunicar ao longo de hoxe a carteleira de turnos para marzo, abril e maio.

A dirección comprometeuse a facilitar antes do 30 de abril a carteleira dos 7 meses restantes do ano.

A dirección comunicou que vai celebrar o día 27 o sorteo das vacacións.

Acordouse de celebrar unha reunión o 25 de febreiro para negociar temas pendentes sobre localizadas, vacacións e xornada ordinaria.

18/2/09

Asamblea Médicos Coordinadores

Na asamblea de hoxe na central de coordinación presentouse a proposta de carteleira de quendas da dirección e a proposta realizada por un grupo de traballadores.

Acordouse que o comité de empresa defenda diante da dirección a proposta realizada por un grupo de traballadores.

Ademáis tamén se acordou que os traballadores estan dispostos a facer quendas con menos persoal no fin de semana que durante a semana, si eso supon un número maior de libranzas en fin de semana.

13/2/09

Carteleira de quendas Central de Coordinación

O comité de empresa do 061 convocou asamblea de Médicos Coordinadores o día 18 de Febreiro ás 12:00 horas para falar sobre as propostas de carteleiras de quendas.

O tema a tratar e moi importante

Carreira Profesional Ordinaria

DECRETAZO NON
NEGOCIACION SI

17 DE FEBREIRO 2009
CONCENTRACIÓN NO SERGAS
11:30 HORAS

A Plataforma Sindical formada por (CIG, UXT, CCOO,CSI-CSIF, CESM-SATSE e SAE), esixe a paralización do Decreto, solicitando se retome o proceso negociador dentro do Marco da Mesa Sectorial, para deste xeito poder acadar un modelo de Carreira Profesional Ordinaria á que poida acceder todo o persoal e que recompense o esforzo individual realizado.