Hoxe celebrouse unha reunión entre o comité de empresa e a dirección na que lle trasladamos os acordos dos traballadores de onte.
A dirección comprometeuse a comunicar ao longo de hoxe a carteleira de turnos para marzo, abril e maio.
A dirección comprometeuse a facilitar antes do 30 de abril a carteleira dos 7 meses restantes do ano.
A dirección comunicou que vai celebrar o día 27 o sorteo das vacacións.
Acordouse de celebrar unha reunión o 25 de febreiro para negociar temas pendentes sobre localizadas, vacacións e xornada ordinaria.