27/3/09

Listas Contratacións DUE 061

Como sabedes estase a negociar a convocatoria de selección temporal para persoal médico de familia, pediatras, persoal médico de urxencias hospitalarias, odontólogas e odontólogos, persoal de enfermería (DUE), matronas e matróns, auxiliares de enfermería e cociñeiras e cociñeiros

A situación despois da mesa central de vinculacións temporais 25-03-09 queda como sigue:

A Enfermería do 061 terá unha lista propia e farase unha convocatoria de carácter complementario a esta mais adiante. E dicir, a convocatoria de selección temporal para o 061 non saíra agora.

Isto afecta tanto ao DUE asistencial como a DUE de coordinación.

Por outro lado, cando se negocie a convocatoria da lista de Enfermería do 061 a Cig-Saude solicitará que se bareme a puntuación derivada dos exames da selección do 2006 do 061.