Ante a situación de bloqueo do Plan funcional por parte de Dirección do 061 a Cig-Saude solicituo na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal do Servigo Galego de Saude (Celebrada o 15 de Maio de 2009) que a Directora de Asistencia Sanitaria presente o plan funcional do 061.
18/5/09
16/5/09
Exames Facultativos O.P.E. 2008
Segun información remitida polo sergas os exames de facultativos serán o 27 de Xuño de 2009.
4/5/09
Reclamación Trienios
Están no Departamento de Recursos Humanos da Fundación os recoñecementos dos trienios laborais como trienios estatutarios. Estes non inlcúen o tempo que podades ter traballado para a administración antes de traballar na Fundación.
Para que se vos recoñeza o tempo traballado para a administración fora da Fundación, tedes dúas posibilidades: Non facer nada e esperar a que a administración os recoñeza coa documentación enviada para a estaturización ou facer unha reclamación. Nos cremos que vendo como van as cousas é millor facer a reclamación.
Para facer a reclamación hai un mes dende que recolledes o recoñecemento en RRHH (ponde a data de recollida ao firmar o recibín). Debedes presentar a reclamación nun rexistro oficial dirixida a Director/Directora Provincial, acompañandoa con:
- Certificado de servizos prestados (do tempo que reclamades) en formato Anexo I.
- Fotocopia da resolución dos trienios laborais.
- Anexo A do RD 1181/1989
- Anexo II cuberto
Si tedes dúbidas ou necesitades os anexos e modelos dos que falamos, podevos en contacto con calquera delegado da CIG Saúde 061.
Carteleira de Quendas de 2009
A Dirección do 061 incumpre a promesa de presentar a carteleria de quendas de traballo da central de coordinación, correspondetes ao que queda de ano 2009. A dirección do 061 fixárase como tope o 30 de abril de 2009.
Esta é unha mostra máis da pouca credibilidade da dirección do 061, que non é capaz de presentar unha proposta sobre as quendas da central ni aínda tendo abreta proposta de expediente sancionador pola inspección de traballo.
E xa vai para 2 anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)