Están no Departamento de Recursos Humanos da Fundación os recoñecementos dos trienios laborais como trienios estatutarios. Estes non inlcúen o tempo que podades ter traballado para a administración antes de traballar na Fundación.
Para que se vos recoñeza o tempo traballado para a administración fora da Fundación, tedes dúas posibilidades: Non facer nada e esperar a que a administración os recoñeza coa documentación enviada para a estaturización ou facer unha reclamación. Nos cremos que vendo como van as cousas é millor facer a reclamación.
Para facer a reclamación hai un mes dende que recolledes o recoñecemento en RRHH (ponde a data de recollida ao firmar o recibín). Debedes presentar a reclamación nun rexistro oficial dirixida a Director/Directora Provincial, acompañandoa con:
- Certificado de servizos prestados (do tempo que reclamades) en formato Anexo I.
- Fotocopia da resolución dos trienios laborais.
- Anexo A do RD 1181/1989
- Anexo II cuberto
Si tedes dúbidas ou necesitades os anexos e modelos dos que falamos, podevos en contacto con calquera delegado da CIG Saúde 061.