8/9/09

Mesa Sectorial 04 Setembro de 2009

A Orde do día tiña 3 puntos:

1.Gripe A: Este asunto tratouse dende 3 apartados, Saúde pública, 061 e RRHH, aparentemente o asunto está controlado a nivel asistencial e a nivel de Recursos Humanos fixeron entrega do documento borrador de instrucción para regular as medidas en materia de persoal como consecuencia da pandemia da Gripe A (suspensión de licencias e vacacións, saúde laboral, xornada…etc).

2. Xestión eficiente da actividade cirúrxica: Neste asunto nós pretendiamos retomar a negociación da “Redefinición do Específico”, pero diso non quixeron saber, dixeron que máis adiante farian eles unha proposta (non se sinten na obriga de asumir o acordado co goberno do bipartito), e o que dixeron é que van controlar con mecanismos de xestión (eficacia, eficiencia, control) o PERLE (PLAN ESPECIAL DE REDUCCIÓN DE LISTAS DE ESPERA), para eles isto estaba a funcionar dun xeito moi malo e agora o van a controlar e pensan que con esta ferramenta de xestión será dabondo para mellorar o sistema. Consideran que se se lle fai un seguimento ao PERLE e se vixila que cumpran obxetivos poderán derivar ás tardes só aquilo indispensable.

3.Plan de Traballo da Mesa Sectorial: Puxeron enriba da mesa que as suas prioridades eran: Pacto de contratacións (neste asunto plantexamos tamén a necesidade de listas para o 061 e CTG que están pendentes), Plan Mellora Atención primaria (semella vanse paralizar as prazas previstas para este ano), Carreira Ordinaria (precisar que informan de que co déficit que hai na Consellería é imposible afrontar o asunto do entronque da carreira ordinaria coa extraordinaria).

Desde CIG-Saúde preguntamos por máis asuntos para nós importantes: OPE (non pensan suspender nada, manteñen as previsións de outubro e novembro, para a semana confirmarán que categorías van en cada fin de semana), tamén dixemos que había que falar nalgún momento da xornada da xente de urxencias de primaria e que tiñamos que retomar as Comisións de seguimento do Acordo Marco.


Fontes: Cig-Saúde; Cig Saúde O Barco, Cig Saúde Vigo