Este son, segundo os nos cálculos, os salarios brutos anuais segundo a orde de nóminas 2008 para as categorías de integración no 061. Non inclúe os obxectivos :
XEFE DE SALA 56.472,60 €
MEDICO COORDINADOR 47.673,62 €
XEFE BASE / BD 53.767,71 €
XEFE BASE / BS 49.822,53 €
MED ASIST. / BD 46.902,94 €
MED ASIST. / BS 42.958,12 €
DUE / BD 28.669,60 €
DUE / BS 26.308,53 €
XEFE DE SERVIZO 56.830,83 €
XEFE DE SERVIZO SEN C.E. 44.449,25 €
XEFE SERVIZO GRUPO TECNICO 36.253,59 €
GRUPO TÉCNICO FUNC. ADMINISTRATIVO 31.029,97 €
PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR 31.029,97 €
TEC SUP SIST E TECNOLOX DA INFORMACION 31.029,97 €
GRUPO XESTIÓN 24.504,64 €
XEFE DE GRUPO ADMINISTRATIVO 22.352,33 €
GRUPO ADMINISTRATIVO 18.902,98 €
XEFE DE EQUIPO ADMINISTRATIVO 21.399,35 €
Fonte: Orde de Nóminas 2008
30/5/08
Salarios Sergas 2008
Que é un plan funcional?
"Os plans funcionais serán o instrumento de adecuación das actuais condicións de traballo ao acordo e serán negociados cos traballadores das unidades e servizos.
Os plans funcionais serán tamén no sucesivo a ferramenta para recoller a adecuación das condicións de traballo á prestación asistencial e á organización desta, segundo se dispoña pola planificación da dirección do Sergas ou dos centros, en función
das respectivas competencias.
O plan conterá a programación funcional da unidade/servizo e o seu contido mínimo versará sobre as seguintes materias: vixencia da programación e a súa revisión; carteira de servizos; determinación de postos de traballo, coas súas características funcionais; horario dos postos, carteleira anual de presenzas e rotación; formas regradas de participación de todos os profesionais ante indispoñibilidade puntual de persoal para a cobertura de quendas de traballo; previsión de vacacións que se van desfrutar, horarios de reunión de traballo e horarios das sesións clínicas.
Poderán engadirse todas aquelas materias que os traballadores e a dirección dos centros acorden.
A programación funcional nas materias relacionadas coas condicións de traballo será negociada co persoal da unidade e cos representantes dos traballadores das organizacións asinantes deste acordo, procurando o máximo consenso no seu deseño. De non haber acordo a dirección realizará a programación anual mediante resolución motivada da dirección competente."
Texto sacado do Artigo 4.1 do Acordo de Urxencias Hospitalarias 2007
21/5/08
Mesa de Contratacións
- Manter unha lista propia para a área asistencial dada a formación especifica destes postos e pola proba de voo ou curso HEMS inminente de implantar (JAR ops-3) e as minusvalias físicas que poderían imposibilitar o traballo nos recursos.
- Ofertar na FEGAS o curso de coordinación e pedilo como condición imprescindible para os postos de médico e Due de coordinación, así que estes estarían na lista xeral da área de Coruña e poderían ser chamados tanto para o Sergas como para 061, o cal seguramente nos daría un maior número de interesados.
- Nos postos de menos movemento como administrativos, licenciados non sanitarios, etc incluílos na lista xeral do Sergas para ofertarlle mais posibilidades.
13/5/08
Carreira Profesional: Resumo
- A carreira profesional pidea o traballador estatutario fixo e trata de valorar a experiencia profesional nun determinado posto de traballo.
- Os graos pidense secuencialmente, un a un (non varios xuntos), no réximen extraordinario un cada ano (si se teñen os méritos)
- Réximen extraordinario é so a primeira vez (agora)
- Avisarase de cando se abra o prazo para nos, seran 20 dias ou 1 mes máximo
- Haberá unha comisión de avaliación en cada institución
- Os efectos económicos son os que pon mais abaixo (según o grao que acade cada un).
Carreira Profesional ¿Cando se pode solicitar?
Nas fundacions ainda non se abreu o prazo, supoñemos que será en breve, estamos negociando as condicións definitivas, o que sí está pechado é os efectos económicos das carreiras negociadas nese momento.
Para o persoal das categorías de licenciado sanitario:
- Grao I: efectos de xullo 2007.
- Grao II: efectos de xullo 2008.
- Grao III: efectos de xullo 2009.
- Grao IV: efectos de xullo 2010.
- Grao I: efectos de xullo 2008.
- Grao II: efectos de xullo 2009.
- Grao III: efectos de xullo 2010.
- Grao IV: efectos de xullo 2011.
Carreira Profesional ¿Ten repercusión economica?
É o estatuto Marco o que inclue no recoñecemento de carreira un concepto retributivo.
Licenciados sanitarios: 3000 € por grao
Diplomados sanitarios: 1950 € por grao (implantación progresiva 1750/ 1800/ 1875/ 1950 € )
Xestión e servicios: Todos tamén de implantación progresiva ata o 2011
- A:2500 € por grao
- B:1750 € por grao
- C:1180 € por grao
- D:1000 € por grao
- E:800 € por grao
¿Cómo se acada o grado de carreira?
O deseño do sistema de recoñecemento (complicado) debe adaptarse ás peculiaridades intrínsecas á respectiva profesión ou colectivo. Con tal motivo, aparece un tratamento diferenciado do sistema de recoñecemento do desenvolvemento profesional dos diferentes colectivos (a desarrollar no reximen ordinario).
En consecuencia, o sistema estructurase en catro graos. O acceso a estes graos é voluntario para o profesional que deberá acreditar a experiencia profesional mínima esixida para cada un deles e solicitalo.
Licenciados Sanitarios
- Grao I: 5 anos.
- Grao II: 12 anos.
- Grao III: 18 anos.
- Grao IV: 23 anos.
- Grado I: 5 anos.
- Grado II: 12 anos.
- Grado III: 19 anos.
- Grado IV: 25 anos.
Requisitos
- Ostentar a condición de persoal estatutario con praza en propiedade nas institucions sanitarias do SERGAS.
- Estar en situación de activo, no momento da solicitude.
- Acreditar o tempo de experiencia profesional na mesma categoría para cada grao.
- Haber participado nos 5 exercicios inmediatamente anteriores á data da solicitude nos obxetivos asistenciales, (complemento de productividade variable) da institución do Sergas na que estivese prestando servicios, e acreditar o seu cumprimento nun 70% en cada uno dos 5 exercicios ou nun 75% de promedio.
- Haber acreditado o grao inmediatamente inferior ó solicitado, para os casos do grao II e sucesivos.
Carreira Profesional ¿E o persoal das fundacións teñen ese dereito?
Despois dunha longa e dura negociación no decreto de estatutarización consiguese que o tempo traballado nas fundacións como laboral sea contado como o estatutario do Sergas para aquelas persoas que se estatutaricen no seu posto de traballo ca seguinte redacción (cap. 8 da orde de integración):
Tras o remate dos procesos de integración que se regulan neste decreto establecerase o procedemento para que o persoal fixo en 31-12-2005, que tivese optado pola súa integración no réxime estatutario, poida acceder ao recoñecemento previo do nivel do desenvolvemento profesional, de conformidade co disposto no Decreto 155/2005, do 9 de xuño, de réxime extraordinario de recoñecemento e desenvolvemento do persoal estatutario
Carreira Profesional: ¿Por qué se chama Reximen Extraordinario?
Convocase por primeira e única vez unha convocatoria extraordinaria, onde só se vai pedir tempo traballado e obxetivos e queda por negociar o baremo para o reximen ordinario (agora mesmo en proceso de negociación) no que se valorarán outros “ítems” (formación, docencia, implicación coa empresa, etc.).
¿Qué é a Carreira Profesional?
A Lei 7/2003, de 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, e a Lei 55/2003, de 16 de decembro, do estatuto marco do persoal das institucions sanitarias do Sistema Nacional de Saúde refirense á carreira profesional como "o dereito dos profesionales a progresar de forma individualizada, con recoñecemento do seu desenvolvemento profesional en canto a coñecemento, experiencia e cumprimento dos obxetivos da organización na que prestan os seus servicios".
Ditas previsions lexislativas impoñen ás administracions sanitarias o desenvolvemento reglamentario do sistema de recoñecemento do desenvolvemento profesional.
9/5/08
Programa Funcional
A Dirección do 061 suspende, sen dar explicacións, a renuión prevista para o Luns 12 co Comite de Empresa e demais Representantes Legais dos Taballadores . O punto do día principal desta renuión era o "programa funcional".
7/5/08
Carreira Profesional Persoal Integrado
O Sergas convocou unha renuinón o vindeiro luns 12 de maio para escomenzar a negociación da orde que permitirá o acceso ao réxime extraordinario de Carreira Profesional ao persoal integrado das fundacións para todalas categorias.