21/5/08

Mesa de Contratacións

En reunións anteriores co Sergas, decideuse que as listas de contratación temporal das fundacións sigan vixentes ate que se negocie un pacto novo no Sergas. No caso de que se esgoten poderíamos tirar das do Sergas ou confeccionar unha lista nova cos criterios vixentes ate o de agora.

Como se está a confeccionar o novo pacto do Sergas, e alí xa estaremos incluidos, na CIG decidimos levar a seguinte proposta para o 061:
  • Manter unha lista propia para a área asistencial dada a formación especifica destes postos e pola proba de voo ou curso HEMS inminente de implantar (JAR ops-3) e as minusvalias físicas que poderían imposibilitar o traballo nos recursos.
  • Ofertar na FEGAS o curso de coordinación e pedilo como condición imprescindible para os postos de médico e Due de coordinación, así que estes estarían na lista xeral da área de Coruña e poderían ser chamados tanto para o Sergas como para 061, o cal seguramente nos daría un maior número de interesados.
  • Nos postos de menos movemento como administrativos, licenciados non sanitarios, etc incluílos na lista xeral do Sergas para ofertarlle mais posibilidades.

En calquera dos casos, para as categorías que no Sergas se lle conta como puntuación aprobar o examen OPE, contaríaselles igual ter aprobado a OPE na fundación (xa que se celebrou o mesmo día e cos mesmos criterios).