25/6/08

Reunión da Dirección co Comite de Empresa 27 Xuño

A dirección do 061 convocou unha reunión co comité de empresa o venres 27 de xuño as 10:00 con un único punto do día:


Programa Funcional 2008-2009 do persoal sanitario da Fundación.

20/6/08

Xornada Complementaria 061

Hoxe 20 de xuño, a Dirección envía ao Comité do 061 un novo borrador do plan funcional facendo unha proposta de aplicación de xornada complementaria, o texto dese punto é o seguinte:

1.4.2. XORNADA COMPLEMENTARIA ANUAL PARA FACULTATIVO E DUE.
A xornada complementaria para o persoal facultativo e DUE do 061 será a establecida para o persoal facultativo e DUE de PAC, de 1570 horas anuais.
Poderase incluír dentro da xornada complementaria ata un máximo de 35 horas no ano 2008 e 70 horas no 2009 para o persoal DUE, co fin da realización das tarefas dos comités de calidade incluídos no Plan de Calidade do 061.

1.4.2.1. OPCION DE VOLUNTARIEDADE DA XORNADA COMPLEMENTARIA
O persoal facultativo e DUE poderá optar polos seguintes tramos de prestación voluntaria (sobre a xornada ordinaria fixada no acordo de 31 de xaneiro de 2008): ata 230 horas; ata 450 horas; ata 660 horas.
Para a prestación da xornada complementaria sobre a fixada como ordinaria para cada ano atenderase á vontade das/os profesionais manifestada a través dun procedemento regrado, co fin de garantir a cobertura asistencial da poboación.
A opción de voluntariedade poderá ser solicitada polo persoal con nomeamento fixo ou de interinidade en vacante de praza.
O persoal substituto deberá realizar a atención continuada que resulte da opción do titular da praza.
No que se refire ao ámbito territorial, a oferta de voluntariedade ten como finalidade a cobertura da prestación no propio centro de traballo.
O profesional manifestarase tamén sobre a súa disposición para exercer a voluntariedade noutras bases da súa área , ou doutra área.
Co fin de concretar a limitación xeográfica das áreas, dividiranse as Bases en dúas áreas:
Area Norte: persoal adscrito as bases de A Coruña, Ferrol, ½ Santiago, e Lugo.
Area Sur: persoal adscrito as bases de Vigo, Pontevedra, ½ Santiago e Ourense.
As opcións relativas á prestación voluntaria de servizos noutras bases serán efectivas na medida en que a asistencia nesas bases non sexa cuberta pola voluntariedade nos mesmos ou polos aspirantes das listaxes de vinculacións temporais.
O persoal poderá manifestar tamén a súa participación nos DSRP na súa área de referencia, de forma independente á prestación voluntaria da atención continuada.

O persoal poderá optar tamén pola non prestación da xornada complementaria. 

Este é o borrador, estudaremolo e presentaremos as alegacións que se consideren oportunas dentro da lexislación aplicable. Estamos a espera dunha nova convocatoria de reunión.

16/6/08

Reunion do Comité coa Dirección do 061 (13/06/2008)

Na reunión do pasado venres, os temas principais a tratar eran:

  • O variable dos DUE
  • A xornada aplicable aos DUE
Basicamente no primeiro tema a Directora Asistencial garantiza o seu aboamento mensual (uns 85 €) na nómina, ainda non está claro o concepto no que aparecerá, o que si se sabe é que se incluirán en programas de calidade e desde logo non quedará nada escrito. As persoas que non esten de acordo con isto, poden renunciar as súas funcións e deixar de facelas. Mentres o noso sindicato, e o Comité de Empresa, seguirá loitando no Sergas por que se respeten os programas especiais como se comprometera.

En canto á Xornada, os enfermeiros teñen que decidir si queren seguir ca que teñen con reducción de 3 horas por noite traballada(acordo de concertacion social), o que como sabedes impide facer xornada complementaria (localizadas especiais, Sanxenxo, etc.), uo aceptar o acordo de PACs, isto solucionaría o problema das bases dobres (que teñen que facer 80 horas mais ao ano) e permitiría facer xornada complementaria de forma voluntaria.

A dirección quedou de mandar unha proposta para saber como se aplicaría esa xornada complementaria tanto para enfermaria como para facultativos e así poder pedirlle os traballadores que se pronuncien sobre o que prefiren.

Estamos á espera disto, mentres recomendovos que leades o documento de voluntariedade de PAC. 

Seguimos ademais protestando polos calendarios da central que levan moito retraso igual que o reparto das vacacións.

Tamén se confirma que se van seguir pagando as noites e festivos a facultativos coa mesma cuantia que ata o de agora.

5/6/08

Mesa Sectorial Carreira Profesional Fundacións

Onte, 4 de xuño, celebrouse unha reunión da mesa sectorial sobre carreira profesional extraordinaria de persoal integrado de fundacións.

Da reunión cabe salientar que o SERGAS aceptou que a data de cumprimento do requisito sexa ter completados, no día inmediatamente anterior á data de efectos económicos, os seguintes periodos de servizos prestados:

  • Persoal licenciado sanitario: Grao I: 5 anos a data de 1 de xullo de 2007, Grao II-2008, Grao III-2009, Grao IV-2010.
  • Persoal diplomado sanitario: Grao I: 5 anos a data de 1 de xullo de 2008, Grao II-2009, Grao III-2010, Grao IV 2011.
  • Persoal das categorías de xestión e servizos e sanitario de F.P: Grao I: 5 anos a data de 1 de xullo de 2008, Grao II-2009, Grao III-2009, Grao IV- 2011.

Isto recolle as alegación presentadas por CIG-SAÚDE. No que a Administración non cedeu é no referente ao valor da contía anual por grao recoñecido, dado que estas serán a mesma contía do acordo SERGAS do ano 2007.

Avaloración da negociación é positiva, dado que se conseguiron dúas cousas importantes:
  1. Que se computasen todos os servizos prestados independentemente do réxime xurídico no que foron prestados. Isto nono recolle a carreira de persoal estatutario.
  2. Que os servizos prestados se computen a data de efectos económicos, e non un ano antes como pretendía o SERGAS. Isto favorece que máis persoal poida entrar en grao I e grao II.
Non temos data de publicación da Orde no DOG, nen data de publicación da resolución para presentar a documentación .

Fonte: Cig-Saúde

1/6/08

Asamblea Informativa Comité

O comité de empresa convoca unha asamblea informativa para tódolos traballadores do 061 o día 3 de Xuño as 12:00 horas.


Tratarase o variable de enfermeiría e a xornada de persoal sanitario.

Xornada: Acordo Concertación Social 2001

Aplicable a persoal estatutario sanitario non facultativo e persoal estatutario non sanitario do Sergas.

  • Para traballadores en quenda fixa diurna e rotatoria simple, xornada anual efectiva de 1.624 horas.
  • Para traballadores en quenda fixa nocturna, xornada anual efectiva de 1.430 horas.
  • Para traballadores en quenda rotatoria complexa, a xornada anual efectiva calcúlase en función das noites: 1620 - 3 x Número de noites traballadas.
Non hai complementaria (para cubrir horas hai que acudir ás listas de contratación).

Texto íntegro do acordo

Xornada: Acordo de PACs 2008

Aplicable a persoal estatutario médico e diplomado en enfermería dos PACs.
Xornada ordinaria efectiva de 1430 horas/ano dende o 01/07/2009, ata daquela 1515 horas.
Tramos de prestación voluntaria de xornada complementaria:

  • 230 horas (1660)
  • 450 horas (1880)
  • 660 horas (2090)
Voluntariedade para realizar a xornada complementaria en:
  • No propio PAC
  • PAC limítrofe
  • Calquera PAC de área
Voluntariedade para realizar a xornada complementaria en:
  • 80% horas en Pac 20% en Unidade de Atención Ordinaria
  • 100% horas en Pac
Podese rexeitar a prestación voluntaria.
Xornada obrigatoria ata as 1570 horas ano, se non chega coas complementarias voluntarias.
Xornada complementaria obrigatoria por riba das 1570 ou da opción de voluntaria por falta de persoal dispoñible.
As horas obrigatoria en exceso por riba das 2090 as horas anuais paganse con un 75% adicional ao e valor ou co dobre do seu tempo en descanso.

Acordo de Febreiro 2008 de Reducción Xornada 061

Aplicable a persoal facultativo do 061

Xornada ordinaria:

  • 1535 horas ano dende 01/01/2008
  • 1480 horas ano dende 01/01/2009
  • 1430 horas ano dende 01/01/2010

Xornada complementaria voluntaria ata 1624 horas ano.

Plan funcional bianual de 200 horas en coordinación e 90 horas en asistencial.

Compromiso para trasladar aos facultativos do 061 as melloras que se acadaran no acordo de Primaria.

Texto íntegro do acordo