16/6/08

Reunion do Comité coa Dirección do 061 (13/06/2008)

Na reunión do pasado venres, os temas principais a tratar eran:

  • O variable dos DUE
  • A xornada aplicable aos DUE
Basicamente no primeiro tema a Directora Asistencial garantiza o seu aboamento mensual (uns 85 €) na nómina, ainda non está claro o concepto no que aparecerá, o que si se sabe é que se incluirán en programas de calidade e desde logo non quedará nada escrito. As persoas que non esten de acordo con isto, poden renunciar as súas funcións e deixar de facelas. Mentres o noso sindicato, e o Comité de Empresa, seguirá loitando no Sergas por que se respeten os programas especiais como se comprometera.

En canto á Xornada, os enfermeiros teñen que decidir si queren seguir ca que teñen con reducción de 3 horas por noite traballada(acordo de concertacion social), o que como sabedes impide facer xornada complementaria (localizadas especiais, Sanxenxo, etc.), uo aceptar o acordo de PACs, isto solucionaría o problema das bases dobres (que teñen que facer 80 horas mais ao ano) e permitiría facer xornada complementaria de forma voluntaria.

A dirección quedou de mandar unha proposta para saber como se aplicaría esa xornada complementaria tanto para enfermaria como para facultativos e así poder pedirlle os traballadores que se pronuncien sobre o que prefiren.

Estamos á espera disto, mentres recomendovos que leades o documento de voluntariedade de PAC. 

Seguimos ademais protestando polos calendarios da central que levan moito retraso igual que o reparto das vacacións.

Tamén se confirma que se van seguir pagando as noites e festivos a facultativos coa mesma cuantia que ata o de agora.