20/6/08

Xornada Complementaria 061

Hoxe 20 de xuño, a Dirección envía ao Comité do 061 un novo borrador do plan funcional facendo unha proposta de aplicación de xornada complementaria, o texto dese punto é o seguinte:

1.4.2. XORNADA COMPLEMENTARIA ANUAL PARA FACULTATIVO E DUE.
A xornada complementaria para o persoal facultativo e DUE do 061 será a establecida para o persoal facultativo e DUE de PAC, de 1570 horas anuais.
Poderase incluír dentro da xornada complementaria ata un máximo de 35 horas no ano 2008 e 70 horas no 2009 para o persoal DUE, co fin da realización das tarefas dos comités de calidade incluídos no Plan de Calidade do 061.

1.4.2.1. OPCION DE VOLUNTARIEDADE DA XORNADA COMPLEMENTARIA
O persoal facultativo e DUE poderá optar polos seguintes tramos de prestación voluntaria (sobre a xornada ordinaria fixada no acordo de 31 de xaneiro de 2008): ata 230 horas; ata 450 horas; ata 660 horas.
Para a prestación da xornada complementaria sobre a fixada como ordinaria para cada ano atenderase á vontade das/os profesionais manifestada a través dun procedemento regrado, co fin de garantir a cobertura asistencial da poboación.
A opción de voluntariedade poderá ser solicitada polo persoal con nomeamento fixo ou de interinidade en vacante de praza.
O persoal substituto deberá realizar a atención continuada que resulte da opción do titular da praza.
No que se refire ao ámbito territorial, a oferta de voluntariedade ten como finalidade a cobertura da prestación no propio centro de traballo.
O profesional manifestarase tamén sobre a súa disposición para exercer a voluntariedade noutras bases da súa área , ou doutra área.
Co fin de concretar a limitación xeográfica das áreas, dividiranse as Bases en dúas áreas:
Area Norte: persoal adscrito as bases de A Coruña, Ferrol, ½ Santiago, e Lugo.
Area Sur: persoal adscrito as bases de Vigo, Pontevedra, ½ Santiago e Ourense.
As opcións relativas á prestación voluntaria de servizos noutras bases serán efectivas na medida en que a asistencia nesas bases non sexa cuberta pola voluntariedade nos mesmos ou polos aspirantes das listaxes de vinculacións temporais.
O persoal poderá manifestar tamén a súa participación nos DSRP na súa área de referencia, de forma independente á prestación voluntaria da atención continuada.

O persoal poderá optar tamén pola non prestación da xornada complementaria. 

Este é o borrador, estudaremolo e presentaremos as alegacións que se consideren oportunas dentro da lexislación aplicable. Estamos a espera dunha nova convocatoria de reunión.