Onte, 4 de xuño, celebrouse unha reunión da mesa sectorial sobre carreira profesional extraordinaria de persoal integrado de fundacións.
Da reunión cabe salientar que o SERGAS aceptou que a data de cumprimento do requisito sexa ter completados, no día inmediatamente anterior á data de efectos económicos, os seguintes periodos de servizos prestados:
- Persoal licenciado sanitario: Grao I: 5 anos a data de 1 de xullo de 2007, Grao II-2008, Grao III-2009, Grao IV-2010.
- Persoal diplomado sanitario: Grao I: 5 anos a data de 1 de xullo de 2008, Grao II-2009, Grao III-2010, Grao IV 2011.
- Persoal das categorías de xestión e servizos e sanitario de F.P: Grao I: 5 anos a data de 1 de xullo de 2008, Grao II-2009, Grao III-2009, Grao IV- 2011.
Isto recolle as alegación presentadas por CIG-SAÚDE. No que a Administración non cedeu é no referente ao valor da contía anual por grao recoñecido, dado que estas serán a mesma contía do acordo SERGAS do ano 2007.
Avaloración da negociación é positiva, dado que se conseguiron dúas cousas importantes:
- Que se computasen todos os servizos prestados independentemente do réxime xurídico no que foron prestados. Isto nono recolle a carreira de persoal estatutario.
- Que os servizos prestados se computen a data de efectos económicos, e non un ano antes como pretendía o SERGAS. Isto favorece que máis persoal poida entrar en grao I e grao II.
Non temos data de publicación da Orde no DOG, nen data de publicación da resolución para presentar a documentación .
Fonte: Cig-Saúde