22/12/08

Ope 2008: Médicos Coordinadores

Hoxe, Luns 22 de Decembro de 2008 publicase no DOG a Resolución do 11 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a coordinador/a 061. 

Lembramos que:
  • Saen 2 prazas para médico coordinador do 061.
  • O modelo de solicitude estará a disposición dos interasados na páxina web do Servizo Galego de Saúde, premendo o icono emprego público, OPE 2008.
  • O formulario deberá entregarse xunto co xustificante de liquidación ou exención/bonificación de tasas e a fotocopia do NIF/DNI/Pasaporte
  • O prazo remata o 31 de Xaneiro de 2009 
Podes consultalo texto da convocatoria aquí.

Máis información sobre outras categorías na páxina da Cig-Saúde.

Mesa Sectorial 19 Decembro de 2008

Nesta reunión abordáronse os seguintes temas:

1.- OPE 2008 (resto de categorías).
2.- Orde de integración do hospital de defensa de Ferrol.
3.- Creación das categorías de prevención de riscos laborais: Técnicos superiores e enfermeira/o especialista do traballo.
4.- Carreira Ordinaria.
5.- Correturnos Centro de Transfusión de Galiza. (Este tema inclúeno a Cig-Saude , non figuraba na orde do día enviada polo Sergas.)

Os borradores achegados polo Sergas para o puntos 1,2,3 e 4 están colgados na web da Cig-Saude.

OPE 2008: O Decreto sairá publicado no mes de febreiro. Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que o Decreto recolla na convocatoria as prazas creadas polo plano de saúde mental de enfermeira/o especialista . Isto foi aceptado pola Admón e o Decreto recollerá a convocatoria de 13 prazas de enfermeira/o especialista en saúde mental; estas prazas son de nova creación.
Asemade solicitamos que unha vez publicados os Decretos das categorias de nova creación: documentación sanitaria, auxiliares de farmacia, dietista e prevención de riscos se proceda a convocar unha OPE.

Orde de integración do hospital de defensa de Ferrol: Queda definitivamente aprobado o Decreto. 

Centro de Transfusión de Galiza: Neste centro había correturnos de ámbito de todo o pais. Agora o persoal é estatutario e o seu nomeamento é de área, pero a dirección segue a utilizar a mesma política de persoal. Isto xa o denunciamos reiteradas veces.

Carreira Ordinaria: CIG-Sáude NON APOIA NIN COMPARTE este decreto, posto que inda que pelexamos na negociación da mesa sectorial por unhas melloras que considerábamos indispensables, estas non chegaron a verse plasmadas nun acordo porque o SERGAS decidiu sacar un decreto en solitario, sen contar cos sindicatos, ou, cando menos, sen contar co apoio de CIG-Saúde.

11/12/08

Posto de persoal directivo vacante

No DOG d0 11 de Decembro sae  publicada a"Orde do 26 de novembro de 2008 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, dun posto de persoal directivo vacante na Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061." O posto o que fai referencia é o de Director/a Asistencial.

Aqui podedes consultala convocatoria.

Reunión Comité vs Dirección (10/12/2008)

O pasado mércores 11 de Decembro celebrouse reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. O noso resumo é o seguinte:

  • Programa Funcional 2008-2009 do persoal sanitario da Fundación.

Para aclarar a polémica xurdida nestes días; as horas do plan funcional para médicos asistencias no ano 2008 son 70. E dicir as horas de presenza son 1515 – 70 = 1445.
A dirección propón deixar o relacionado coas localizadas da central para máis adiante. Deixando por escrito no plan funcional o compromiso de cerrar esa negociación antes do 31 de Marzo.
A dirección inclúe os permisos para asistir a congresos (21 horas) pero son incompatibles coas axudas de asistencia.

  • Revisión conceptos retributivos.
Vanse pagar as horas de xornada como debe ser, axustadas coa reducción. Van facer o recaculo dende 1 de xaneiro de 2008 para médicos coordinadores (localizadas especiais, vips, etc). Tamén se vai pagar o complemento de noites e feirados nas localizadas activadas e nas especiais.
Vanse actualizar o prezo de localizada para Dues dende xuño 2008 co orde de nóminas de 2008.
Vaise aplicar o acordo marco publicado hoxe en DOG.
A dirección di que vai tratar de pagar todo o que de tempo a procesar na nómina de Decembro e o resto nunha complementaria en Xaneiro.

  • Rogos e preguntas.

Seguen sen esta aprobadas as 13 prazas do 902 polo que non se poden converter os contratos de cúmulo de tarefas en interinidades .
Vai saír “nestes días” os calendarios da central dos 3 primeiros meses a modo de proba e despois sairá o do resto do ano.
Xa empezaron as obras da Base de Coruña.
Aínda non empezaron as obras da Base de Ferrol.

26/11/08

Carreira Extraordinaria: Grao I Publicado

No DOG de hoxe 26 de novembro saen publicadas as resolución polas que se abre o prazo para que determinado colectivo de persoal laboral das categorías de licenciados sanitarios, categorias diplomado sanitario e categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007 solicite o recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional.

Publícanse 3 resolución:

As solicitudes deben cubrirse en FIDES e despois presentalas a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. 

A solicitude das categorias de diplomado sanitario e e xestión e servizos e sanitarias de formación profesional deberán dirixirse ao comité de avaliación da entidade en que prestase servizos a 30 de xuño de 2008.

A solicitude das categorias de licenciado sanitario deberá dirixirse á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde.

O prazo para presentalas solicitudes iniciase mañan e finaliza o 31 de xaneiro de 2009.

18/11/08

Festivos Locais 2009

A CORUÑA

  • 24 FEBREIRO ( Martes Entroido )
  • 7 OUTUBRO ( Virxe do Rosario )
FERROL
  • 7 XANEIRO ( S. Xiao )
  • 13 ABRIL ( Chamorro )
LUGO
  • 24 FEBREIRO ( Martes Entroido )
  • 5 OUTUBRO ( S. Froilán )
MOS
  • 24 FEBREIRO ( Martes Entroido )
  • 7 AGOSTO (San Mamede)
PONTEVEDRA
  • 25 FEBREIRO ( Mércores de Cinza )
  • 11 XULLO ( S. Bieito de Lérez )
OURENSE
  • 24 FEBREIRO ( Martes Entroido )
  • 11 NOVEMBRO ( S. Martiño )
SANTIAGO
  • 24 FEBREIRO ( Entroido )
  • 21 MAIO ( Ascensión )
VIGO
  • 17 AGOSTO ( S. Roque )
  • 28 MARZO ( Reconquista )

5/11/08

Nomeamentos e Carreira

Para as dúbidas que están a xurdir polos nomeamentos e pola publicación da carreira extraordinaria este luns aclaramos:

Integración Nomeamentos:

As Ordes de integración publicadas en DOG recollen: "Coa resolución de integración a xerencia expedirá o nomeamento estatutario no que se detallará a categoría e o destino dos profesionais,con carácter definitivo ou provisional, segundo corresponda."

Puxémonos en contacto co SERGAS para saber quen ia a facer estes nomeamentos, xa que a xerencia da nosa Fundación non é estatutaria.O SERGAS está a elaborar o modelo de nomeamento e as Xerencias o asinarán por delegación da Conselleira..


Carreira profesional.

O SERGAS infórmanos que no prazo, aproximado, de 3 semanas sairá publicada a resolución do 1º grao de carreira. A dita resolución inicia o prazo de presentación de solicitudes. Para o persoal medica/o ten que saír tamén a resolución do 2º grao, a dita resolución do 2º grao sairá publicada, aproximadamente, un mes máis tarde.
Previo á publicación da resolución teñen pensado convocar as Direccións das Fundacións para explicarlles o procedemento de avaliación.

Si tedes algunha dubida sobre isto podedes chamar a calquera dos delegados de CIG e aclararémolas encantados.

3/11/08

Publicada a Orde de Carreira Extraordinaria para Persoal Integrado


Pulsa aquí para ver os artigos publicados neste blog sobre a carreira extraordinaria. Son un bo resumo da orde.

O próximo paso será a publicación da resolución do Grao I para que o persoal que cumpra os requisitos de acceso a carreira poida facer a súa solicitude. Non debería tardar moito.

30/10/08

Reclamación Nomeamentos

 A Cig-Saude remitíu un correo ao Sergas solicitando que os nomeamentos que se expidan ao aveiro do proceso de estaturización inclúan o destino como reflicte a orde de integración no seu parrafo 4º:

"...
Coa resolución de integración a xerencia expedirá o
nomeamento estatutario no cal se detallará a categoría
e destino dos profesionais, co carácter de definitivo
ou provisional, segundo corresponda.
..."

Esperamos que os que teñen previsto entregar o día 5 de novembro veñan conforme á orde de integración.

Estaturización

Calendario coas datas de remisión das Resolucións de estatutarización do persoal das fundacións:

  • Medtec 29/10/2008
  • Hospital Salnés 30/10/2008
  • Ingo 30/10/2008
  • Fegas 30/10/2008
  • Ctg 30/10/2008
  • Hospital Verín 31/10/2008
  • Hospital Virxe da Xunqueira 03/11/2008
  • Hospital Barbanza 04/11/2008
  • 061 05/11/2008

Fonte:División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde

Orde de Carreira Profesional Extraordinaria


O Sergas informa que a orde para o acceso á carreira profesional do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatuario polos procesos previstos no Decreto 91/2007, será publicada -previsiblemente- no DOG do vindeiro luns 3 de novembro.




Fonte:División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde

28/10/08

Reunión Comité vs Dirección (27/10/2008)

O pasado Luns 27 de Outubro celebrouse reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. O noso resumo é o seguinte:


  • Comunicación da reincorporación de Dª Rosa Alvarez de Blas como Directora de Xestión.

A Directora da Fundación presentou ao comité a Rosa Álvarez de Blas, e informou que é directora de xestión e servizos xerais dende o 30 de Setembro

  • Cobertura dunha Interinidade en praza vacante nas Bases de Vigo/Mos

A dirección informa de que xurdiu media praza vacante en Mos e media en Vigo. Tamén informa que o criterio do Sergas para a cobertura de prazas vacantes nas que xa había un interino por substitución é diferente ao noso. No 061 víñase ofrecendo de novo a lista de contratación, no Sergas ofrecese ao interino que xa estaba. Considerando que agora somos estatutarios decídese que o correcto é aplicar o pacto de mobilidade interna é a vacante xerada ofertala como no Sergas.

  • Programa Funcional 2008-2009 do persoal sanitario da Fundación.

O director de coordinación informa que está estudando unha reorganización das localizacións na central de coordinación. Decídese esperar a que o Dr. García presente o novo modelo para negociar a redacción final.

I.T, permisos maternais e paternais son períodos neutro por lei. Para o resto do permisos un día computarase por 7 horas en vez das 4 e pico de agora. O permisos que veñan definidos como “o tempo indispensable para” serán “neutros” no senso de que cóllense as horas que fagan falta.

Admítese que se inclúan ou publiquen os criterios de selección para acceso aos cursos do 061.

Quedase en incluír os permisos para asistir a congresos 21 horas.

  • Rogos e preguntas.

En vez de dar os tícket de comida non se pode pagar en nómina e que cada un coma onde queira? A dirección queda en estudalo.

A marcha dun coordinador da central vai a ser cuberta? O director de coordinación di que non, que non teñen pensado contratar a ninguén a maiores.

Como están as obras da nova base de Ferrol? A día de hoxe aínda non hai licenza.

Como están Obras na central? O proxecto segue no Servizo de Obras do Sergas. No mesmo sitio que fai un mes.

Porque as horas de médico asistencial se están a pagar a 26,10 € en vez de a 27,98€ que é o que correspondería segundo a redución de xornada? Non hai resposta. Quedan en dar unha resposta.

Preguntase polo número de prazas de xefe de sala na central e polo número de persoas que realizan efectivamente quendas de xefe de sala? A dirección di que hai 14 prazas e ademais 3 persoas que fan de xefe de garda.

1/10/08

Reunión Comite vs Dirección

O pasado luns, 29 de setembro celebrouse reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. O noso resumo é o seguinte:


  • Base de Ferrol:

A dirección informa que a remodelación da "casa das monxas" no hospital naval para a nova base de Ferrol está adxudicada pero as obras non poden comezar por falta de licenza municipal. Licenza que se está a tramitar. A Cig-Saúde solicitou copia do rexistro de entrada da solicitude de licenza no concello de Ferrol.
En canto ao accidente laboral, a dirección presentou medicións de emisión de Gas realizadas está mesma maña polo servizos de prevención na que se constatan condicións normais. No obstante, o persoal de garda seguirá a durmir no Hotel en tanto non se atope un emprazamento provisional para a base ata que se entregue a nova base de Ferrol na casa das Monxas.

Dende Cig-Saúde esperamos que se cumpra o compromiso de encontrar de forma rápida unha solución provisional e que se aclare o tema da licenza de obra. Neste post podedes ver o cruce de declaracións entre concello de Ferrol e 061, mentres non se demostre o contrario nos temos que crer á nosa dirección.

  • Ope 2008:

A preguntas do comité de empresa a dirección informa que as dúas prazas de médico coordinador que apareceron publicadas na OPE 2008 do Sergas son as que se atopaban vacantes a data Xullo 2008. As 6 prazas do 902 aprobadas polo padroado da Fundación non saíron na OPE por que aínda non son unha realidade, xa que non están aprobadas nin por economía nin por función publica. E nono están porque non van aprobar ningunha praza ata que finalice o proceso de estaturización, e o proceso de estaturización non finalizará ata que se expidan os nomeamentos.

Nós pensamos que é unha situación absurda, que está en mans do Sergas desbloquear coa simple expedición dos nomeamentos, que xa pedimos por activa e pasiva en tódalas mesas sectorias. Por outra banda xórdennos dúbidas sobre si finalmente se crearán tódalas prazas para o 902.

  • Rogos e preguntas:


Reforma da central: O proxecto de reforma está rematado e visado polo colexio de arquitectos, agora atopase na oficina de obras do Sergas para visado. Unha vez obtido este último visado procederase a convocar un concurso público para a adxudicación das mesmas. Tratarán de presentalo proxecto na reunión do comité de seguridade e saúde a celebrar a mediados deste mes de outubro. Tememos que seguiremos a traballar en condicións infrahumanas un ano máis.

Integración co 112: A dirección di non coñecer ningunha noticia ou novidade sobre a posible inmediata integración do 112 e o 061.

Itinerario profesional facultativos

Como algúns médicos da fundación 061 están preocupados polo tema do itinerario profesional unha vez estatutarizados, queremos informar que ese itinerario ten que ser negociado na mesa de traslados do Sergas como xa se quedara cando o peche da nosa estatutarización, esta mesa será convocada próximamente e a CIGSaude xa ten nos puntos a tratar nela ese tema.

27/9/08

Base de Ferrol

Queremos dende aquí mostrar a nosa solidaridade e total apoio aos campañeiros da Base de Ferrol que levan dende o dia 21 durmindo nun Hotel ao non ter aseguradas as condicións de seguridade e saúede laboral do seu centro de traballo.


Noticias relacionadas Voz de Galicia:

27 de Setembro

30 de Setembro

01 de Outubro

12/9/08

O.P.E. 2008

O Día 10 de setembro de 2008 sae publicado no Diario Oficial de Galicia a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

Nesta oferta de emprego paracen 2 prazas de Médico/a Coordinador/a do 061.


Fonte: Diario Oficial de Galicia

5/9/08

Inspección de Traballo

O pasado 13 de agosto o comité de empresa recibíu carta da inspección de traballo da provincia de A Coruña, na que comunica que vai practicar acta de infracción ao 061 por incumprimento dos requerimentos efectuados pola propia inspección sobre: calendarios de quendas de traballo e vacacións, situación ambiental de temperatura, renovación de aire e climatización da central de coordinación.

Esperemos que esta medida sancionadora motive a dirección do 061 para acometer sen máis demora as actuacións necesarias para resolver os problemas detectados na central de coordinación en canto a seguridade e sáude laboral fai xa de DOUS ANOS.

Extinción das Fundacións Hospitalarias

O pasado 1 de setembro o Diario Oficial de Galicia publicou o Decreto 183/2008, do 31 de xullo, sobre extinción de fundacións públicas hospitalarias.
Este decreto afecta ás:

  • Fundación Pública Hospital da Barbanza.
  • Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira.
  • Fundación Pública Hospital de Verín.
  • Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés.
O decreto implica que o Servizo Galego de Saúde subrogarase na totalidade de relacións laborais do persoal incluíndo o non acollido ás respectivas ordes de integración das fundacións extinguidas. Os centros pasasn a integrarse como centros de xestión do Servizo Galego de Saúde.

A disolución do 061 coma fundación non está contemplada polo de agora, ou sexa, o persoal xa é estatutario(o que se acolleu á orde de integración) pero o modelo de xestión segue a ser o dunha fundación pública.

4/7/08

Xornada DUEs

Como todos sabedes, someteuse a referendum o tema da xornada de enfermería e gañou o Acordo de Concertación Social do 2001.
O día 2 houbo xuntanza coa Dirección do 061, comunicándolle o resultado da votación. A partires desta decisión, todas as horas estruturais (quendas) que xurdan deben ser cubertas por contratación, o persoal de enfermería non ten xornada complementaria, así que todo o traballo que teña que realizar por encima da xornada debéselle devolver en tempo libre e si non se pode, pagárselle como horas extra.
Esta aclaración é por que agora, cando un DUE sexa activado nunha localizada, nona cobrará aparte, descontaráselle un quenda de traballo na súa base, si non se pode, o final do ano, as horas que teña de mais cobraranse como horas extra.
A CIG intentaremos negociar que ese quenda se lle quite na data que o traballador prefira.
Tampouco temos claro como compensar que ese traballador faga xornada fora do seu centro de traballo xa que no Sergas iso non ten parangón, imaxinamos que isto obrigaría a ter un localizado por centro de traballo. A situación con este sistema de xornada complicase bastante desde logo.

25/6/08

Reunión da Dirección co Comite de Empresa 27 Xuño

A dirección do 061 convocou unha reunión co comité de empresa o venres 27 de xuño as 10:00 con un único punto do día:


Programa Funcional 2008-2009 do persoal sanitario da Fundación.

20/6/08

Xornada Complementaria 061

Hoxe 20 de xuño, a Dirección envía ao Comité do 061 un novo borrador do plan funcional facendo unha proposta de aplicación de xornada complementaria, o texto dese punto é o seguinte:

1.4.2. XORNADA COMPLEMENTARIA ANUAL PARA FACULTATIVO E DUE.
A xornada complementaria para o persoal facultativo e DUE do 061 será a establecida para o persoal facultativo e DUE de PAC, de 1570 horas anuais.
Poderase incluír dentro da xornada complementaria ata un máximo de 35 horas no ano 2008 e 70 horas no 2009 para o persoal DUE, co fin da realización das tarefas dos comités de calidade incluídos no Plan de Calidade do 061.

1.4.2.1. OPCION DE VOLUNTARIEDADE DA XORNADA COMPLEMENTARIA
O persoal facultativo e DUE poderá optar polos seguintes tramos de prestación voluntaria (sobre a xornada ordinaria fixada no acordo de 31 de xaneiro de 2008): ata 230 horas; ata 450 horas; ata 660 horas.
Para a prestación da xornada complementaria sobre a fixada como ordinaria para cada ano atenderase á vontade das/os profesionais manifestada a través dun procedemento regrado, co fin de garantir a cobertura asistencial da poboación.
A opción de voluntariedade poderá ser solicitada polo persoal con nomeamento fixo ou de interinidade en vacante de praza.
O persoal substituto deberá realizar a atención continuada que resulte da opción do titular da praza.
No que se refire ao ámbito territorial, a oferta de voluntariedade ten como finalidade a cobertura da prestación no propio centro de traballo.
O profesional manifestarase tamén sobre a súa disposición para exercer a voluntariedade noutras bases da súa área , ou doutra área.
Co fin de concretar a limitación xeográfica das áreas, dividiranse as Bases en dúas áreas:
Area Norte: persoal adscrito as bases de A Coruña, Ferrol, ½ Santiago, e Lugo.
Area Sur: persoal adscrito as bases de Vigo, Pontevedra, ½ Santiago e Ourense.
As opcións relativas á prestación voluntaria de servizos noutras bases serán efectivas na medida en que a asistencia nesas bases non sexa cuberta pola voluntariedade nos mesmos ou polos aspirantes das listaxes de vinculacións temporais.
O persoal poderá manifestar tamén a súa participación nos DSRP na súa área de referencia, de forma independente á prestación voluntaria da atención continuada.

O persoal poderá optar tamén pola non prestación da xornada complementaria. 

Este é o borrador, estudaremolo e presentaremos as alegacións que se consideren oportunas dentro da lexislación aplicable. Estamos a espera dunha nova convocatoria de reunión.

16/6/08

Reunion do Comité coa Dirección do 061 (13/06/2008)

Na reunión do pasado venres, os temas principais a tratar eran:

  • O variable dos DUE
  • A xornada aplicable aos DUE
Basicamente no primeiro tema a Directora Asistencial garantiza o seu aboamento mensual (uns 85 €) na nómina, ainda non está claro o concepto no que aparecerá, o que si se sabe é que se incluirán en programas de calidade e desde logo non quedará nada escrito. As persoas que non esten de acordo con isto, poden renunciar as súas funcións e deixar de facelas. Mentres o noso sindicato, e o Comité de Empresa, seguirá loitando no Sergas por que se respeten os programas especiais como se comprometera.

En canto á Xornada, os enfermeiros teñen que decidir si queren seguir ca que teñen con reducción de 3 horas por noite traballada(acordo de concertacion social), o que como sabedes impide facer xornada complementaria (localizadas especiais, Sanxenxo, etc.), uo aceptar o acordo de PACs, isto solucionaría o problema das bases dobres (que teñen que facer 80 horas mais ao ano) e permitiría facer xornada complementaria de forma voluntaria.

A dirección quedou de mandar unha proposta para saber como se aplicaría esa xornada complementaria tanto para enfermaria como para facultativos e así poder pedirlle os traballadores que se pronuncien sobre o que prefiren.

Estamos á espera disto, mentres recomendovos que leades o documento de voluntariedade de PAC. 

Seguimos ademais protestando polos calendarios da central que levan moito retraso igual que o reparto das vacacións.

Tamén se confirma que se van seguir pagando as noites e festivos a facultativos coa mesma cuantia que ata o de agora.

5/6/08

Mesa Sectorial Carreira Profesional Fundacións

Onte, 4 de xuño, celebrouse unha reunión da mesa sectorial sobre carreira profesional extraordinaria de persoal integrado de fundacións.

Da reunión cabe salientar que o SERGAS aceptou que a data de cumprimento do requisito sexa ter completados, no día inmediatamente anterior á data de efectos económicos, os seguintes periodos de servizos prestados:

  • Persoal licenciado sanitario: Grao I: 5 anos a data de 1 de xullo de 2007, Grao II-2008, Grao III-2009, Grao IV-2010.
  • Persoal diplomado sanitario: Grao I: 5 anos a data de 1 de xullo de 2008, Grao II-2009, Grao III-2010, Grao IV 2011.
  • Persoal das categorías de xestión e servizos e sanitario de F.P: Grao I: 5 anos a data de 1 de xullo de 2008, Grao II-2009, Grao III-2009, Grao IV- 2011.

Isto recolle as alegación presentadas por CIG-SAÚDE. No que a Administración non cedeu é no referente ao valor da contía anual por grao recoñecido, dado que estas serán a mesma contía do acordo SERGAS do ano 2007.

Avaloración da negociación é positiva, dado que se conseguiron dúas cousas importantes:
  1. Que se computasen todos os servizos prestados independentemente do réxime xurídico no que foron prestados. Isto nono recolle a carreira de persoal estatutario.
  2. Que os servizos prestados se computen a data de efectos económicos, e non un ano antes como pretendía o SERGAS. Isto favorece que máis persoal poida entrar en grao I e grao II.
Non temos data de publicación da Orde no DOG, nen data de publicación da resolución para presentar a documentación .

Fonte: Cig-Saúde

1/6/08

Asamblea Informativa Comité

O comité de empresa convoca unha asamblea informativa para tódolos traballadores do 061 o día 3 de Xuño as 12:00 horas.


Tratarase o variable de enfermeiría e a xornada de persoal sanitario.

Xornada: Acordo Concertación Social 2001

Aplicable a persoal estatutario sanitario non facultativo e persoal estatutario non sanitario do Sergas.

  • Para traballadores en quenda fixa diurna e rotatoria simple, xornada anual efectiva de 1.624 horas.
  • Para traballadores en quenda fixa nocturna, xornada anual efectiva de 1.430 horas.
  • Para traballadores en quenda rotatoria complexa, a xornada anual efectiva calcúlase en función das noites: 1620 - 3 x Número de noites traballadas.
Non hai complementaria (para cubrir horas hai que acudir ás listas de contratación).

Texto íntegro do acordo

Xornada: Acordo de PACs 2008

Aplicable a persoal estatutario médico e diplomado en enfermería dos PACs.
Xornada ordinaria efectiva de 1430 horas/ano dende o 01/07/2009, ata daquela 1515 horas.
Tramos de prestación voluntaria de xornada complementaria:

  • 230 horas (1660)
  • 450 horas (1880)
  • 660 horas (2090)
Voluntariedade para realizar a xornada complementaria en:
  • No propio PAC
  • PAC limítrofe
  • Calquera PAC de área
Voluntariedade para realizar a xornada complementaria en:
  • 80% horas en Pac 20% en Unidade de Atención Ordinaria
  • 100% horas en Pac
Podese rexeitar a prestación voluntaria.
Xornada obrigatoria ata as 1570 horas ano, se non chega coas complementarias voluntarias.
Xornada complementaria obrigatoria por riba das 1570 ou da opción de voluntaria por falta de persoal dispoñible.
As horas obrigatoria en exceso por riba das 2090 as horas anuais paganse con un 75% adicional ao e valor ou co dobre do seu tempo en descanso.

Acordo de Febreiro 2008 de Reducción Xornada 061

Aplicable a persoal facultativo do 061

Xornada ordinaria:

  • 1535 horas ano dende 01/01/2008
  • 1480 horas ano dende 01/01/2009
  • 1430 horas ano dende 01/01/2010

Xornada complementaria voluntaria ata 1624 horas ano.

Plan funcional bianual de 200 horas en coordinación e 90 horas en asistencial.

Compromiso para trasladar aos facultativos do 061 as melloras que se acadaran no acordo de Primaria.

Texto íntegro do acordo

30/5/08

Salarios Sergas 2008

Este son, segundo os nos cálculos, os salarios brutos anuais segundo a orde de nóminas 2008 para as categorías de integración no 061. Non inclúe os obxectivos :

XEFE DE SALA 56.472,60 €
MEDICO COORDINADOR 47.673,62 €
XEFE BASE / BD 53.767,71 €
XEFE BASE / BS 49.822,53 €
MED ASIST. / BD 46.902,94 €
MED ASIST. / BS 42.958,12 €
DUE / BD 28.669,60 €
DUE / BS 26.308,53 €
XEFE DE SERVIZO 56.830,83 €
XEFE DE SERVIZO SEN C.E. 44.449,25 €
XEFE SERVIZO GRUPO TECNICO 36.253,59 €
GRUPO TÉCNICO FUNC. ADMINISTRATIVO 31.029,97 €
PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR 31.029,97 €
TEC SUP SIST E TECNOLOX DA INFORMACION 31.029,97 €
GRUPO XESTIÓN 24.504,64 €
XEFE DE GRUPO ADMINISTRATIVO 22.352,33 €
GRUPO ADMINISTRATIVO 18.902,98 €
XEFE DE EQUIPO ADMINISTRATIVO 21.399,35 €

Fonte: Orde de Nóminas 2008

Que é un plan funcional?

"Os plans funcionais serán o instrumento de adecuación das actuais condicións de traballo ao acordo e serán negociados cos traballadores das unidades e servizos.

Os plans funcionais serán tamén no sucesivo a ferramenta para recoller a adecuación das condicións de traballo á prestación asistencial e á organización desta, segundo se dispoña pola planificación da dirección do Sergas ou dos centros, en función
das respectivas competencias.

O plan conterá a programación funcional da unidade/servizo e o seu contido mínimo versará sobre as seguintes materias: vixencia da programación e a súa revisión; carteira de servizos; determinación de postos de traballo, coas súas características funcionais; horario dos postos, carteleira anual de presenzas e rotación; formas regradas de participación de todos os profesionais ante indispoñibilidade puntual de persoal para a cobertura de quendas de traballo; previsión de vacacións que se van desfrutar, horarios de reunión de traballo e horarios das sesións clínicas.

Poderán engadirse todas aquelas materias que os traballadores e a dirección dos centros acorden.

A programación funcional nas materias relacionadas coas condicións de traballo será negociada co persoal da unidade e cos representantes dos traballadores das organizacións asinantes deste acordo, procurando o máximo consenso no seu deseño. De non haber acordo a dirección realizará a programación anual mediante resolución motivada da dirección competente."

Texto sacado do Artigo 4.1 do Acordo de Urxencias Hospitalarias 2007

21/5/08

Mesa de Contratacións

En reunións anteriores co Sergas, decideuse que as listas de contratación temporal das fundacións sigan vixentes ate que se negocie un pacto novo no Sergas. No caso de que se esgoten poderíamos tirar das do Sergas ou confeccionar unha lista nova cos criterios vixentes ate o de agora.

Como se está a confeccionar o novo pacto do Sergas, e alí xa estaremos incluidos, na CIG decidimos levar a seguinte proposta para o 061:
  • Manter unha lista propia para a área asistencial dada a formación especifica destes postos e pola proba de voo ou curso HEMS inminente de implantar (JAR ops-3) e as minusvalias físicas que poderían imposibilitar o traballo nos recursos.
  • Ofertar na FEGAS o curso de coordinación e pedilo como condición imprescindible para os postos de médico e Due de coordinación, así que estes estarían na lista xeral da área de Coruña e poderían ser chamados tanto para o Sergas como para 061, o cal seguramente nos daría un maior número de interesados.
  • Nos postos de menos movemento como administrativos, licenciados non sanitarios, etc incluílos na lista xeral do Sergas para ofertarlle mais posibilidades.

En calquera dos casos, para as categorías que no Sergas se lle conta como puntuación aprobar o examen OPE, contaríaselles igual ter aprobado a OPE na fundación (xa que se celebrou o mesmo día e cos mesmos criterios).

13/5/08

Carreira Profesional: Resumo

  • A carreira profesional pidea o traballador estatutario fixo e trata de valorar a experiencia profesional nun determinado posto de traballo.
  • Os graos pidense secuencialmente, un a un (non varios xuntos), no réximen extraordinario un cada ano (si se teñen os méritos)
  • Réximen extraordinario é so a primeira vez (agora)
  • Avisarase de cando se abra o prazo para nos, seran 20 dias ou 1 mes máximo
  • Haberá unha comisión de avaliación en cada institución
  • Os efectos económicos son os que pon mais abaixo (según o grao que acade cada un).
Fontes: www.cig-saude.org


Carreira Profesional ¿Cando se pode solicitar?

Nas fundacions ainda non se abreu o prazo, supoñemos que será en breve, estamos negociando as condicións definitivas, o que sí está pechado é os efectos económicos das carreiras negociadas nese momento.


Para o persoal das categorías de licenciado sanitario:
  • Grao I: efectos de xullo 2007.
  • Grao II: efectos de xullo 2008.
  • Grao III: efectos de xullo 2009.
  • Grao IV: efectos de xullo 2010.
Para o persoal das categorías de diplomado sanitario e de xestión e servizos:
  • Grao I: efectos de xullo 2008.
  • Grao II: efectos de xullo 2009.
  • Grao III: efectos de xullo 2010.
  • Grao IV: efectos de xullo 2011.

Carreira Profesional ¿Ten repercusión economica?

É o estatuto Marco o que inclue no recoñecemento de carreira un concepto retributivo.

Licenciados sanitarios: 3000 € por grao
Diplomados sanitarios: 1950 € por grao (implantación progresiva 1750/ 1800/ 1875/ 1950 € )
Xestión e servicios: Todos tamén de implantación progresiva ata o 2011

  • A:2500 € por grao
  • B:1750 € por grao
  • C:1180 € por grao
  • D:1000 € por grao
  • E:800 € por grao

¿Cómo se acada o grado de carreira?

O deseño do sistema de recoñecemento (complicado) debe adaptarse ás peculiaridades intrínsecas á respectiva profesión ou colectivo. Con tal motivo, aparece un tratamento diferenciado do sistema de recoñecemento do desenvolvemento profesional dos diferentes colectivos (a desarrollar no reximen ordinario).

En consecuencia, o sistema estructurase en catro graos. O acceso a estes graos é voluntario para o profesional que deberá acreditar a experiencia profesional mínima esixida para cada un deles e solicitalo.


Licenciados Sanitarios
  • Grao I: 5 anos.
  • Grao II: 12 anos.
  • Grao III: 18 anos.
  • Grao IV: 23 anos.
Diplomados Sanitarios, Licenciados non sanitarios e resto categorías
  • Grado I: 5 anos.
  • Grado II: 12 anos.
  • Grado III: 19 anos.
  • Grado IV: 25 anos.

Requisitos

  • Ostentar a condición de persoal estatutario con praza en propiedade nas institucions sanitarias do SERGAS.
  • Estar en situación de activo, no momento da solicitude.
  • Acreditar o tempo de experiencia profesional na mesma categoría para cada grao.
  • Haber participado nos 5 exercicios inmediatamente anteriores á data da solicitude nos obxetivos asistenciales, (complemento de productividade variable) da institución do Sergas na que estivese prestando servicios, e acreditar o seu cumprimento nun 70% en cada uno dos 5 exercicios ou nun 75% de promedio. 
  • Haber acreditado o grao inmediatamente inferior ó solicitado, para os casos do grao II e sucesivos.

Carreira Profesional ¿E o persoal das fundacións teñen ese dereito?

Despois dunha longa e dura negociación no decreto de estatutarización consiguese que o tempo traballado nas fundacións como laboral sea contado como o estatutario do Sergas para aquelas persoas que se estatutaricen no seu posto de traballo ca seguinte redacción (cap. 8 da orde de integración):
Tras o remate dos procesos de integración que se regulan neste decreto establecerase o procedemento para que o persoal fixo en 31-12-2005, que tivese optado pola súa integración no réxime estatutario, poida acceder ao recoñecemento previo do nivel do desenvolvemento profesional, de conformidade co disposto no Decreto 155/2005, do 9 de xuño, de réxime extraordinario de recoñecemento e desenvolvemento do persoal estatutario

Carreira Profesional: ¿Por qué se chama Reximen Extraordinario?

Convocase por primeira e única vez unha convocatoria extraordinaria, onde só se vai pedir tempo traballado e obxetivos e queda por negociar o baremo para o reximen ordinario (agora mesmo en proceso de negociación) no que se valorarán outros “ítems” (formación, docencia, implicación coa empresa, etc.).

¿Qué é a Carreira Profesional?

A Lei 7/2003, de 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, e a Lei 55/2003, de 16 de decembro, do estatuto marco do persoal das institucions sanitarias do Sistema Nacional de Saúde refirense á carreira profesional como "o dereito dos profesionales a progresar de forma individualizada, con recoñecemento do seu desenvolvemento profesional en canto a coñecemento, experiencia e cumprimento dos obxetivos da organización na que prestan os seus servicios".

Ditas previsions lexislativas impoñen ás administracions sanitarias o desenvolvemento reglamentario do sistema de recoñecemento do desenvolvemento profesional.

9/5/08

Programa Funcional

A Dirección do 061 suspende, sen dar explicacións, a renuión prevista para o Luns 12 co Comite de Empresa e demais Representantes Legais dos Taballadores . O punto do día principal desta renuión era o "programa funcional". 


E moitos de vos preguntaredes, que é un "Programa Funcional"?. Como exemplo da importancia deste programa, e tocando un tema de moda  estes días na Fundación, recordemos o que dí a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos Servizos de Saúde, no seu  Artigo 53.2 Vacacións Anuais: 

"O período ou períodos de disfrute da vacación anual fixarase conforme ao que prevexa ao respecto a programación funcional do correspondente centro."

7/5/08

Carreira Profesional Persoal Integrado

O Sergas convocou unha renuinón o vindeiro luns 12 de maio para escomenzar a negociación da orde que permitirá o acceso ao réxime extraordinario de Carreira Profesional ao persoal integrado das fundacións para todalas categorias.

Novo!!! Reunión retrasada para o día 14